O Concello de Trabada realizou melloras no seu punto limpo, co obxectivo de ter un servizo máis eficiente para os veciños e veciñas. O concello vén de adquirir novo equipamento, dentro dunha convocatoria de subvencións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia del Gobierno.
Entre o novo material, destacan colectores de polietileno e para vidrio, así como un equipo informático para axilizar os trámites. O Concello de Trabada está comprometido coa reciclaxe en orixe e anima aos veciños a separar os residuos correctamente.
