Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

A CASA DA CULTURA DE TRABADA ACOLLE O DÍA 7 DE FEBREIRO UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS DA PAC

A CASA DA CULTURA DE TRABADA ACOLLE O DÍA 7 DE FEBREIRO UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS DA PAC

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas dunha charla informativa sobre as axudas da Política Agraria Común (PAC) que se celebrará o día 7 de febreiro na Casa da Cultura ás 12:00 horas.

A charla farase coa colaboración do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) en Lugo. Vai dirixida ao sector agrogandeiro para informar das novidades e as solicitudes das axudas da PAC.

“Dende o concello xestionamos este tipo de iniciativas coa finalidade de achegarlle información útil e práctica aos veciños”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez

Nesta reunión os asistentes tamén poderán plantexar todas as dúbidas que teñan ao respecto.

Páxina anterior TRABADA PROMOCIONA EN FITUR 2023 A SÚA EXPERIENCIA TURÍSTICA CENTRADA NO PATRIMONIO NATURAL, A GASTRONOMÍA E AS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego