Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA COLABORA COA ASOCIACIÓN CULTURAL O PICATO PARA A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO DESTE SÁBADO

O CONCELLO DE TRABADA COLABORA COA ASOCIACIÓN CULTURAL O PICATO PARA A CELEBRACIÓN DO ENTROIDO DESTE SÁBADO

O Concello de Trabada colabora un ano máis coa Asociación Cultural O Picato para a celebración do Entroido que se celebra este sábado, día 4.

O goberno municipal axuda á realización desta festa tan multitudinaria cunha achega económica para os premios de 2.775 euros, ademais de poñer a disposición o persoal do Concello de Trabada nos días previos e seguintes para levar a cabo a adecuación dos aparcadoiros e entradas e ceder os locais necesarios para a organización do evento.

O sábado tamén se pon a disposición a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que depende directamente da Alcaldía que colaboran para dirixir o tráfico.

“Dende o Concello queremos agradecerlle á directiva da Asociación Cultural O Picato por manter esta marabillosa festa, que cada ano reúne a máis xente no noso pobo e que tanto nos fai desfrutar”, subliña a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

“Animamos á veciñanza e tamén aos visitantes a que participen nesta celebración, que pon fin ao Entroido da Mariña”, engade a rexedora.

Páxina anterior A CASA DA CULTURA DE TRABADA ACOLLE O DÍA 7 DE FEBREIRO UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS DA PAC

Concello de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Luns - Vernes 8:00 am - 15:00 pm

Concello de trabada 2021 - Todos os dereitos reservados

gl_ESGalego