{"id":5888,"date":"2021-09-22T10:55:57","date_gmt":"2021-09-22T10:55:57","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=5888"},"modified":"2021-09-22T10:55:59","modified_gmt":"2021-09-22T10:55:59","slug":"o-concello-pechou-2020-cun-remanente-de-tesoureria-de-290-806-euros-e-un-importe-executado-de-1-582-248-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2021\/09\/22\/o-concello-pechou-2020-cun-remanente-de-tesoureria-de-290-806-euros-e-un-importe-executado-de-1-582-248-euros\/","title":{"rendered":"O CONCELLO PECHOU 2020 CUN REMANENTE DE TESOURER\u00cdA DE 290.806 EUROS E UN IMPORTE EXECUTADO DE 1.582.248 EUROS"},"content":{"rendered":"\n<p>O Concello de Trabada aprobou hoxe nun pleno municipal a conta xeral do ano 2020, cun remanente de tesourer\u00eda que ascende a 290.806,49 euros, un importe executado de 1.582.248,48 euros e unhas existencias en conta de 204.313,33 euros.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cSon cifras que reflicten que somos un concello saneado e xestionado de forma responsable, executando coa maior celeridade posible os proxectos que anunciamos aos nosos veci\u00f1os e cun remanente para novos investimentos\u201d, asegura a alcaldesa de Trabada,\u00a0<a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/mayra.garciabermudez?__cft__[0]=AZWcussjOhZE1UgyJ-QQZCZHKwYZ7GONoMLGmI5wIbcfK7kKheWkQSGX8-FIoCyJwc6Yvcdwz43zmIXpagdbhGMwjFHXaCJCZguyh3Uu77ia355W13naPqX3FkP3oM_V-M3AERqdoJnUygkYco-bB88c&amp;__tn__=-]K*F\">Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, o equipo de goberno deu resposta a varias preguntas da oposici\u00f3n, unha delas sobre o campo de f\u00fatbol, realizado polo anterior grupo de goberno pero inservible xa que non ten as medidas reglamentarias. \u201cActualmente ten o mesmo uso que ti\u00f1a cando chegamos, estamos valorando varios proxectos que co\u00f1ecer\u00e1n cando os fagamos p\u00fablicos\u201d, afirmou o concelleiro de Deportes, Rub\u00e9n Garc\u00eda, na sesi\u00f3n plenaria.<\/p>\n\n\n\n<p>Con respecto a outra preguntra sobre as instalaci\u00f3ns municipais do ximnasio, Rub\u00e9n Garc\u00eda lembrou que \u201cti\u00f1amos pensado adecuar e modernizar as instalaci\u00f3ns dende hai dous anos e por segundo ano consecutivo a Xunta denegounos a subvenci\u00f3n para levar a cabo unha reforma dos vestuarios e a compra de novas m\u00e1quinas\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa por \u00faltimo, en relaci\u00f3n \u00e1s tarefas de desbroce de pistas, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez explicou que \u201ca Xunta convocou as axudas de Aprol rural para o fomento do emprego de medio rural o 20 de abril, o 5 de maio o Concello solicitou axuda, o 24 de xu\u00f1o notifican a concesi\u00f3n e o 25 de xu\u00f1o a alcald\u00eda aproba o decreto de aprobaci\u00f3n das bases do proceso de selecci\u00f3n. Na notificaci\u00f3n establ\u00e9cese como data l\u00edmite de contrataci\u00f3n o 30 de xullo e en data 7 de xullo f\u00edxose o proceso de selecci\u00f3n\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cA diferencia \u00e9 que en anteriores anos as convocatorias destas axudas f\u00edxeronse a principios de ano: no 2020 publicouse o 24 de febreiro; no 2019 o 3 de xaneiro, e no 2018 o 6 de febreiro\u2026 polo tanto, a responsable do retraso do desbroce en Trabada e en toda Galicia \u00e9 a conselleira de Emprego e Igualdade, que tomou posesi\u00f3n en setembro de 2020 e retrasou t\u00f3dalas convocatorias de axudas de emprego\u201d, engadiu.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, a alcaldesa lembrou que \u201cvimos de recibir no mes pasado\u201d a comunicaci\u00f3n da Xunta relativa \u00e1 perda da subvenci\u00f3n do ano 2014 para o desbroce mecanizado, xa que o anterior grupo de goberno non tramitou o expediente conforme ao convenio asinado nin xustificou as axudas en prazo. \u201cFalamos de 9.100 euros que perdeu o concello\u201d, manifestou.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Trabada aprobou hoxe nun pleno municipal a conta xeral do ano 2020, cun remanente de tesourer\u00eda que ascende a 290.806,49 euros, un importe executado de 1.582.248,48 euros e unhas existencias en conta de 204.313,33 euros. \u201cSon cifras que reflicten que somos un concello saneado e xestionado de forma responsable, executando coa maior [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":5889,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-5888","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5888","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5888"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5888\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5889"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5888"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5888"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5888"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}