{"id":5917,"date":"2021-10-29T09:52:28","date_gmt":"2021-10-29T09:52:28","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=5917"},"modified":"2021-10-29T09:52:30","modified_gmt":"2021-10-29T09:52:30","slug":"a-alcaldesa-de-trabada-reivindica-en-malaga-no-cumio-da-femp-a-importancia-dos-servizos-publicos-de-calidade-no-rural-e-do-sector-primario","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2021\/10\/29\/a-alcaldesa-de-trabada-reivindica-en-malaga-no-cumio-da-femp-a-importancia-dos-servizos-publicos-de-calidade-no-rural-e-do-sector-primario\/","title":{"rendered":"A ALCALDESA DE TRABADA REIVINDICA EN M\u00c1LAGA NO CUMIO DA FEMP \u201cA IMPORTANCIA DOS SERVIZOS P\u00daBLICOS DE CALIDADE NO RURAL E DO SECTOR PRIMARIO\u201d"},"content":{"rendered":"<p>A alcaldesa de Trabada, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, reivindicou en M\u00e1laga \u201ca importancia duns servizos p\u00fablicos de calidade no rural e do sector primario\u201d, reclamando \u00e1 Xunta de Galicia \u201cm\u00e1is cooperaci\u00f3n no financiamento dos concellos\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Garc\u00eda Berm\u00fadez participou en Torremolinos nas xornadas \u201840 anos da FEMP, proximidade e poder local\u2019. A Federaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Municipios y Provincias organizou este evento contando coa presenza de alcaldes, alcaldesas e outros representantes municipais e provinciais de toda Espa\u00f1a.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Mayra Garc\u00eda representou ao Concello de Trabada na mesa \u2018Un Pacto de Estado frente a la Despoblaci\u00f3n\u2019, moderada por Miguel Gracia Ferrer, presidente da Deputaci\u00f3n de Huesca e presidente da Comisi\u00f3n \u2018Despoblaci\u00f3n y Reto Demogr\u00e1fico\u2019 da FEMP. Tam\u00e9n interviron Francisco Boya Al\u00f3s, secretario xeral para o Reto Demogr\u00e1fico do Ministerio para a Transici\u00f3n Ecol\u00f3xica e Reto Demogr\u00e1fico; Raquel Clemente, alcaldesa de Celadas; Arturo Villar, alcalde de Camprov\u00edn; Ismael Padilla, alcalde de B\u00e9rchules, e Natacha Rivas, deputada provincial de M\u00e1laga.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A alcaldesa de Trabada comezou a s\u00faa intervenci\u00f3n neste acto reivindicando \u201ca mi\u00f1a terra, esa Galicia profunda que me viu nacer e desenvolverme como persoa; este cualificativo implica unha valoraci\u00f3n pexorativa e inxustificadamente negativa da mi\u00f1a terra e \u00e9 inadmisible en calquera contexto, m\u00e1is a\u00ednda nunha resoluci\u00f3n xudicial\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez continuou falando da importancia do sector primario e lembrou que presta unha funci\u00f3n \u201cnon sempre visible e reco\u00f1ecida\u201d, pero que cobre \u201cunha das necesidades b\u00e1sicas do ser humano para poder sobrevivir: a alimentaci\u00f3n\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Posteriormente, centrouse en falar de que os servizos p\u00fablicos son fundamentais como medida \u201cpara paliar o despoboamento\u201d. Neste sentido, incidiu que os concellos precisan un maior financiamento doutras administraci\u00f3ns, especialmente das comunidades aut\u00f3nomas, para prestar este tipo de servizos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A alcaldesa repasou na mesa as infraestruturas postas en marcha polo goberno local de Trabada. Entre elas, \u201cunha residencia de maiores p\u00fablica, un punto de atenci\u00f3n \u00e1 infancia e programas de conciliaci\u00f3n laboral, todos eles con escasa ou nula participaci\u00f3n econ\u00f3mica da Xunta de Galicia e financiadas con fondos propios do Concello e coa cooperaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n de Lugo\u201d, sinalou.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Mayra Garc\u00eda fixo un chamamento a \u201cunha maior cooperaci\u00f3n no financiamento por parte da administraci\u00f3n auton\u00f3mica para seguir prestando servizos no rural e dar resposta as\u00ed ao maior reto que nos enfrontamos, como o despoboamento\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Para exemplificar esta situaci\u00f3n, apuntou que \u201co servizo de axuda no fogar ten un custo por hora de prestaci\u00f3n de 16 euros e a Xunta fin\u00e1ncianos 9,70 euros. Vimos de lograr un acordo entre a Fegamp coa Xunta para chegar a financiar a 12 euros no 2024, pero este acordo \u00e9 soamente para a prestaci\u00f3n do servizo de dependencia, xa que o gasto do SAF por prestaci\u00f3n b\u00e1sica asum\u00edmolo entre a Deputaci\u00f3n de Lugo e o Concello\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201c\u00c9 fundamental a cooperaci\u00f3n de todas as administraci\u00f3ns para facer fronte \u00e1 despoboaci\u00f3n e sen d\u00fabida convocatorias como as que realizaron agora desde o Goberno de Espa\u00f1a de axudas para o comercio con cargo aos fondos Next Negeration, ou as do IDAE, ax\u00fadannos aos municipios pequenos a seguir prestando servizos e mellorar a calidade de vida dos nosos veci\u00f1os\u201d, rematou Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A alcaldesa de Trabada, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, reivindicou en M\u00e1laga \u201ca importancia duns servizos p\u00fablicos de calidade no rural e do sector primario\u201d, reclamando \u00e1 Xunta de Galicia \u201cm\u00e1is cooperaci\u00f3n no financiamento dos concellos\u201d. Garc\u00eda Berm\u00fadez participou en Torremolinos nas xornadas \u201840 anos da FEMP, proximidade e poder local\u2019. A Federaci\u00f3n Espa\u00f1ola de Municipios y [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":5918,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-5917","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5917","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5917"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5917\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5918"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5917"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5917"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5917"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}