{"id":5975,"date":"2022-02-10T13:19:19","date_gmt":"2022-02-10T13:19:19","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=5975"},"modified":"2022-02-10T13:19:20","modified_gmt":"2022-02-10T13:19:20","slug":"trabada-e-ribadeo-solicitan-unha-subvencion-para-acondicionar-un-camino-supramunicipal-e-a-ponte-de-union-entre-valboa-e-cedofeita","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/02\/10\/trabada-e-ribadeo-solicitan-unha-subvencion-para-acondicionar-un-camino-supramunicipal-e-a-ponte-de-union-entre-valboa-e-cedofeita\/","title":{"rendered":"TRABADA E RIBADEO SOLICITAN UNHA SUBVENCI\u00d3N PARA ACONDICIONAR UN CAMI\u00d1O SUPRAMUNICIPAL E A PONTE DE UNI\u00d3N ENTRE VALBOA E CEDOFEITA"},"content":{"rendered":"<p>Os concellos de Trabada e Ribadeo solicitaron de forma conxunta unha subvenci\u00f3n \u00e1 Vicepresidencia Primeira e Conseller\u00eda de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un cami\u00f1o supramunicipal que une as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Pi\u00f1eiro (Cedofeita).<\/p>\n\n\n\n<p>Os n\u00facleos de poboaci\u00f3n da Igrexa, Salgueiro, As Cabanas, Biduedo e Sequeiro da parroquia de Valboa, en Trabada, e os n\u00facleos de Teixido e Pi\u00f1eiro da parroquia de Cedofeita, en Ribadeo, dispo\u00f1en dun vial de comunicaci\u00f3n deficitario e sen firme sobre o rego Ferreira, unha situaci\u00f3n que dificulta a circulaci\u00f3n de veh\u00edculos.<\/p>\n\n\n\n<p>O cami\u00f1o serve de acceso a fincas agr\u00edcolas e a explotaci\u00f3ns gandeiras, as\u00ed como a parcelas forestais, polo que o tr\u00e1fico pesado \u00e9 importante e ocasiona un maior deterioro. Con esta actuaci\u00f3n, mellorar\u00edase ademais o trazado da curva existente para facilitar os xiros de veh\u00edculos pesados.<\/p>\n\n\n\n<p>A alcaldesa de Trabada, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Su\u00e1rez, estiveron hoxe na zona supervisando o estado do cami\u00f1o. A actuaci\u00f3n, cun orzamento de 62.500 euros, consistir\u00e1 no acondicionamento e pavimentaci\u00f3n do tramo, a prolongaci\u00f3n da obra de paso existente sobre o rego Ferreira e a instalaci\u00f3n de barreras de seguridade en ambas marxes.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201c\u00c9 unha obra urxente para acondicionar o vial ao tr\u00e1nsito de veh\u00edculos, mellorando a comunicaci\u00f3n e a seguridade viaria, e permitindo que os veh\u00edculos prioritarios en servicio de emerxencia poidan facer uso do mesmo e te\u00f1an uns accesos en boas condici\u00f3ns\u201d, explica Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cEstas actuaci\u00f3ns conxuntas en viarios que unen dous Concellos supo\u00f1en o \u00fanico xeito de actuar de xeito eficiente e eficaz para que os veci\u00f1os e veci\u00f1as de ambos os dous municipios se vexan beneficiados. Confiemos agora que esta solicitude de axuda sexa merecedora do apoio econ\u00f3mico da Xunta de Galicia\u201d, manifestou Su\u00e1rez Barcia.<\/p>\n\n\n\n<p>Trabada e Ribadeo tramitaron conxuntamente esta axuda ao abeiro da ORDE do 29 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvenci\u00f3ns para a creaci\u00f3n e\/ou mellora das infraestruturas, dotaci\u00f3ns, instalaci\u00f3ns e equipamentos vinculados \u00e1 prestaci\u00f3n de servizos municipais.<\/p>\n\n\n\n<p>Segundo o establecido no convenio asinado entre as d\u00faas Administraci\u00f3ns Locais, o Concello de Trabada ser\u00e1 o responsable t\u00e9cnico e administrativo da xesti\u00f3n de convenio de colaboraci\u00f3n, para levar a cabo de forma conxunta a actuaci\u00f3n nos termos da Orde do 29 de decembro de 2021 de Vicepresidencia Primeira e Conseller\u00eda de Presidencia, Xustiza e Turismo, representando aos dous concellos en todas as relaci\u00f3ns coa Xunta de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>A tal efecto o Concello de Trabada realizou a solicitude de subvenci\u00f3n ante a Vicepresidencia Primeira e Conseller\u00eda de Presidencia, Xustiza e Turismo, correspond\u00e9ndolle a s\u00faa xesti\u00f3n integral, as\u00ed como realizar a contrataci\u00f3n da obra e os tr\u00e1mites que deriven da xesti\u00f3n do proxecto.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os concellos de Trabada e Ribadeo solicitaron de forma conxunta unha subvenci\u00f3n \u00e1 Vicepresidencia Primeira e Conseller\u00eda de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un cami\u00f1o supramunicipal que une as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Pi\u00f1eiro (Cedofeita). Os n\u00facleos de poboaci\u00f3n da Igrexa, Salgueiro, As Cabanas, Biduedo e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":5976,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-5975","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5975","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5975"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5975\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5976"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5975"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5975"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5975"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}