{"id":5981,"date":"2022-02-17T11:57:21","date_gmt":"2022-02-17T11:57:21","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=5981"},"modified":"2022-02-17T11:57:23","modified_gmt":"2022-02-17T11:57:23","slug":"a-alcaldesa-solicita-a-xunta-colaboracion-para-mellorar-a-estrada-lu-132-e-para-a-construcion-dun-auditorio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/02\/17\/a-alcaldesa-solicita-a-xunta-colaboracion-para-mellorar-a-estrada-lu-132-e-para-a-construcion-dun-auditorio\/","title":{"rendered":"A ALCALDESA SOLICITA \u00c1 XUNTA COLABORACI\u00d3N \u201cPARA MELLORAR A ESTRADA LU-132 E PARA A CONSTRUCI\u00d3N DUN AUDITORIO\u201d"},"content":{"rendered":"\n<p>A alcaldesa do <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/Concello-de-Trabada-104654019876363\/?__cft__[0]=AZUjlp02WelMmxI3yuYdjTzn6RgnGBYfyaB4eU6I8PvQFg9RQ6Glf249zU-0e4nsUVyM7AGAtCJk_-JwcLW5xqmlzKlFW0aTRNtvEIzxv57n1EldjdeFrsPkTlO7sEnmYFomjO-3g0RNeNdcRQ_2kaMNvvxos0Uy64C32bQLVTsv_g&amp;__tn__=kK-R\">Concello de Trabada<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/mayra.garciabermudez?__cft__[0]=AZUjlp02WelMmxI3yuYdjTzn6RgnGBYfyaB4eU6I8PvQFg9RQ6Glf249zU-0e4nsUVyM7AGAtCJk_-JwcLW5xqmlzKlFW0aTRNtvEIzxv57n1EldjdeFrsPkTlO7sEnmYFomjO-3g0RNeNdcRQ_2kaMNvvxos0Uy64C32bQLVTsv_g&amp;__tn__=-]K-R\">Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez<\/a>, visitou hoxe co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, as obras da r\u00faa Cotarelo, a renovaci\u00f3n da fachada da C\u00e1mara Agraria e o novo punto limpo m\u00f3bil co que conta o municipio.<\/p>\n\n\n\n<p>Tr\u00e1tase de obras e servizos cos que Trabada conta grazas a subvenci\u00f3ns xestionadas persoalmente pola alcaldesa, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, con tramitaci\u00f3ns e convocatorias que en moitos casos comezan \u00e1s doce da noite e son por orde de chegada.<\/p>\n\n\n\n<p>No caso da r\u00faa Cotarelo, o Concello de Trabada conseguiu unha subvenci\u00f3n da Xunta para financiar 67.760 euros, mentres que o Concello aportou 40.535 euros para poder levar a cabo a s\u00faa renovaci\u00f3n integral. As achegas resolv\u00edanse por orde de entrada das solicitudes desde as 00.00 horas do pasado 9 de marzo de 2021. A tramitaci\u00f3n realizouna persoalmente a propia Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez en s\u00f3 catro minutos, polo que as 00:04 horas estaba presentada.<\/p>\n\n\n\n<p>No caso da fachada da C\u00e1mara Agraria, a Xunta convocou de novo as axudas que se conceden por orde de chegada das solicitudes e non por concorrencia competitiva, abrindo ademais o prazo de solicitudes \u00e1s doce da noite dun venres. A alcaldesa presentou as solicitudes \u00e1s 00.03 horas.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cSon eu mesma a que se encarga de facelo, porque te\u00f1o a formaci\u00f3n suficiente e ademais evito que sexan os empregados municipais os que te\u00f1an que facelo fora do seu horario laboral e na fin de semana. De feito onte mesmo, \u00e1s doce da noite tramitei outra axuda que se concede por orde de entrada para levar a cabo a mellora dos accesos entre o aparcadoiro de autocaravanas e a \u00c1rea de A Choza, e que a pesar das incidencias da sede electr\u00f3nica da Xunta consegu\u00edn tramitar en catro minutos\u201d, engade Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>Con esta axuda da C\u00e1mara Agraria o que se fixo foi a limpeza e reparaci\u00f3n das zonas con humidade e mofo, e posteriormente pint\u00e1ronse as catro fachadas mediante pintura pl\u00e1stica lisa con combinaci\u00f3n de cores inclu\u00eddas no cat\u00e1logo de \u201cA Mari\u00f1a e Baixo Eo\u201d, utilizando as mesmas cores que no centro etnogr\u00e1fico \u201cXos\u00e9 Rocha\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Por \u00faltimo, no caso do punto limpo m\u00f3bil o concello obtivo unha achega de 70.000 euros para esta actuaci\u00f3n, financiada pola Xunta a trav\u00e9s da li\u00f1a de subvenci\u00f3ns en materia de residuos de competencia municipal cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder Galicia 2014-2020). Neste caso a primeira licitaci\u00f3n quedou deserta e, a pesar da problem\u00e1tica dos prazos de xustificaci\u00f3n, \u201cfumos quen de poder xustificar a axuda, xa que noutros Concellos v\u00edronse obrigados a renunciar \u00e1 mesma\u201d, apunta a alcaldesa.<\/p>\n\n\n\n<p>DEMANDAS<\/p>\n\n\n\n<p>Garc\u00eda Berm\u00fadez aproveitou a visita do delegado da Xunta para demandarlle \u201ca reparaci\u00f3n da estrada auton\u00f3mica LU-132, que en varios tramos at\u00f3pase en mal estado de conservaci\u00f3n, e para po\u00f1er dous pasos de pe\u00f3ns, ademais de colaboraci\u00f3n na construci\u00f3n do auditorio\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A alcaldesa de Trabada remitiulle unha carta a principios de decembro ao presidente da Xunta, Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o, solicit\u00e1ndolle unha entrevista para presentarlle o proxecto e a maqueta do mesmo e valorar as diferentes posibilidades de financiamento, pero non obtivo resposta.<\/p>\n\n\n\n<p>Na carta informaba a Feij\u00f3o de que o Concello de Trabada redactou un proxecto para a construci\u00f3n dun auditorio e solicitaba a colaboraci\u00f3n similar \u00e1 que a Xunta de Galicia realizou recentemente coa construci\u00f3n dun auditorio en Mar\u00edn, coa aportaci\u00f3n de dous mill\u00f3ns de euros, e coa construci\u00f3n dunha escola de m\u00fasica en Begonte, con outra achega de 1.047.938,67 euros.<\/p>\n\n\n\n<p>Tendo en conta que polo Concello de Trabada tam\u00e9n discurre o Cami\u00f1o do Norte, \u201cplantexamos a posibilidade, ao igual que en Begonte, de que poideran participar no financiamento diferentes organismos da Xunta como a Axencia de Turismo, a Conseller\u00eda de Medio Ambiente e a Conseller\u00eda de Cultura\u201d.O orzamento deste proxecto ascende a 984.897,9 euros, polo que dende o Concello de Trabada solicitouse a colaboraci\u00f3n da Xunta de Galicia para poder realizar este investimento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A alcaldesa do Concello de Trabada, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, visitou hoxe co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, as obras da r\u00faa Cotarelo, a renovaci\u00f3n da fachada da C\u00e1mara Agraria e o novo punto limpo m\u00f3bil co que conta o municipio. Tr\u00e1tase de obras e servizos cos que Trabada conta grazas a subvenci\u00f3ns xestionadas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":5982,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-5981","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5981","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=5981"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/5981\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5982"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=5981"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=5981"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=5981"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}