{"id":6020,"date":"2022-04-22T10:34:29","date_gmt":"2022-04-22T10:34:29","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6020"},"modified":"2022-04-22T10:34:30","modified_gmt":"2022-04-22T10:34:30","slug":"o-concello-de-trabada-xa-ten-listo-o-proxecto-dun-centro-social-da-terceira-idade-e-solicita-a-axuda-da-xunta-para-a-sua-construcion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/04\/22\/o-concello-de-trabada-xa-ten-listo-o-proxecto-dun-centro-social-da-terceira-idade-e-solicita-a-axuda-da-xunta-para-a-sua-construcion\/","title":{"rendered":"O CONCELLO DE TRABADA XA TEN LISTO O PROXECTO DUN CENTRO SOCIAL DA TERCEIRA IDADE E SOLICITA A AXUDA DA XUNTA PARA A S\u00daA CONSTRUCI\u00d3N"},"content":{"rendered":"<p>O Concello de Trabada xa ten rematado un proxecto para a construci\u00f3n dun centro social da terceira idade na r\u00eda de Abres e solicita unha axuda \u00e1 Xunta de Galicia para a s\u00faa posta en marcha.<\/p>\n\n\n\n<p>O pasado mes de marzo, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Federaci\u00f3n Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinaron un acordo marco para o desenvolvemento dun Plan de Investimentos para a construci\u00f3n, reforma ou ampliaci\u00f3n de equipamentos sociais p\u00fablicos municipais con cargo a fondos europeos.<\/p>\n\n\n\n<p>Concl\u00faese no acordo que as actuaci\u00f3ns obxecto de financiamento, a trav\u00e9s dos correspondentes convenios de colaboraci\u00f3n entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e as entidades locais, ser\u00e1n a construci\u00f3n, reforma ou ampliaci\u00f3n de equipamentos sociais p\u00fablicos municipais (centros sociais) para a atenci\u00f3n \u00e1s persoas maiores e a atenci\u00f3n da dependencia.<\/p>\n\n\n\n<p>O Concello de Trabada cumpre todos os requisitos e solicita un investimento de 400.000 euros para o novo centro social. \u201cLevamos anos facendo un esforzo importante para atender aos nosos maiores como merecen: puxemos en marcha a residencia, duplicamos o numero de traballadoras do SAF, facemos actividades nas parroquias de envellecemento activo, e no pr\u00f3ximo mes recuperaremos o encontro de maiores\u201d, explica a alcaldesa, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cO centro social ser\u00e1 un paso m\u00e1is, un espazo no que se ofrezan servizos e actividades preventivas para as persoas maiores de Trabada, axudando ademais desta forma \u00e1s s\u00faas familias\u201d, explica.<\/p>\n\n\n\n<p>Con persoal contratado directamente desde o concello prestaranse os servizos de promoci\u00f3n, mantemento e recuperaci\u00f3n da autonom\u00eda funcional, realizando actividades de estimulaci\u00f3n cognitiva e fomento de habilidades sociais, de rehabilitaci\u00f3n funcional a trav\u00e9s de actividade f\u00edsica, actividades de lecer, charlas, e tam\u00e9n se realizar\u00e1 o servizo de transporte adaptado a maiores.<\/p>\n\n\n\n<p>Trabada comparte unha caracter\u00edstica que \u00e9 com\u00fan \u00e1 gran maior\u00eda dos municipios galegos, o alto envellecemento da s\u00faa poboaci\u00f3n, polo que a s\u00faa atenci\u00f3n \u00e9 unha prioridade para o grupo de goberno local.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Trabada xa ten rematado un proxecto para a construci\u00f3n dun centro social da terceira idade na r\u00eda de Abres e solicita unha axuda \u00e1 Xunta de Galicia para a s\u00faa posta en marcha. O pasado mes de marzo, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Federaci\u00f3n Galega de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":6021,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6020","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6020","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6020"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6020\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6021"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6020"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6020"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6020"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}