{"id":6037,"date":"2022-05-09T11:43:24","date_gmt":"2022-05-09T11:43:24","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6037"},"modified":"2022-05-09T11:43:25","modified_gmt":"2022-05-09T11:43:25","slug":"o-concello-de-trabada-considera-intolerable-e-moi-mellorable-a-xestion-da-xunta-e-da-empresa-adxudicataria-do-servizo-coidados-porta-a-porta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/05\/09\/o-concello-de-trabada-considera-intolerable-e-moi-mellorable-a-xestion-da-xunta-e-da-empresa-adxudicataria-do-servizo-coidados-porta-a-porta\/","title":{"rendered":"O CONCELLO DE TRABADA CONSIDERA \u201cINTOLERABLE E MOI MELLORABLE\u201d A XESTI\u00d3N DA XUNTA E DA EMPRESA ADXUDICATARIA DO SERVIZO \u2018COIDADOS PORTA A PORTA\u2019"},"content":{"rendered":"<p>O Concello de Trabada considera \u201cintolerable e moi mellorable\u201d a xesti\u00f3n do servizo \u2018Coidados Porta a Porta\u2019, tanto por parte de Xunta de Galicia como da empresa adxudicataria, tal e como xa manifestou o pasado venres.<\/p>\n\n\n\n<p>A finais do mes de marzo, a empresa adxudicataria, Silman 97, contacta co Concello de Trabada mediante carta solicitando a s\u00faa colaboraci\u00f3n para instalar os d\u00edas 4, 5 e 6 de maio a unidade m\u00f3bil no municipio, precisando dun espazo de 17 metros de longo por 7 metros de ancho (cunha toma el\u00e9ctrica de 32 amperios).<\/p>\n\n\n\n<p>Despois dunha charla telef\u00f3nica, enviouse un correo electr\u00f3nico \u00e1 empresa o 23 de marzo onde quedaban confirmadas as datas e o lugar para emprazar a unidade m\u00f3bil. O concello tam\u00e9n comezou eses d\u00edas os tr\u00e1mites para poder dispor de enganche de luz.<\/p>\n\n\n\n<p>O 31 de marzo vemos publicado en prensa a noticia de que a unidade m\u00f3bil estar\u00eda en Trabada os d\u00edas 13, 16, 18 e 19 de maio. \u201cDende o Concello de Trabada pux\u00e9monos en contacto coa empresa Silman 97 para poder aclarar o que cre\u00edamos un erro, pero dende a empresa o que se nos traslada por tel\u00e9fono \u00e9 que efectivamente decidiran cambiar as datas\u201d, afirma a alcaldesa, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>En varias conversas telef\u00f3nicas, explic\u00f3uselle \u00e1 empresa que o concello non ti\u00f1a constancia dese cambio e que os tr\u00e1mites para o enganche da toma el\u00e9ctrica xa estaban iniciados. Deste tema t\u00edvose que facer cargo econ\u00f3micamente o concello e adem\u00e1is \u00e9 un asunto que debe ser tramitado con antelaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Posteriormente, Silman 97 env\u00eda un escrito coas novas datas engadindo un d\u00eda m\u00e1is ao inicialmente previsto, quedando as\u00ed os d\u00edas 4, 5, 6 e 9 de maio.<\/p>\n\n\n\n<p>Dende o Concello de Trabada informase \u00e1 empresa que ti\u00f1an a s\u00faa disposici\u00f3n para os d\u00edas 4, 5, 6 e 9 de maio a Praza do Concello, se ben a dispo\u00f1ibilidade de toma el\u00e9ctrica s\u00f3 estaba garantizada para os d\u00edas inicialmente solicitados.<\/p>\n\n\n\n<p>O concello puxo carteis informativos nos lugares de costume a pesares de que na carta indicaban que \u00edan po\u00f1elos eles mesmos, coa finalidade de informar \u00e1 veci\u00f1anza, e tam\u00e9n lle preguntamos \u00e1 empresa sobre a duraci\u00f3n das consultas para axudar a solicitar as mesmas aos nosos veci\u00f1os, posto que se queixaban de que chamaban e non contestaba ningu\u00e9n.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cAdem\u00e1is, coa finalidade de que este servizo chegara a toda a veci\u00f1anza, o concello quer\u00eda organizalo por parroquias e facer rutas de transporte para aqueles que non te\u00f1en medios de transporte\u201d, engade a alcaldesa.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cOs feitos acontecidos son estes e acreditan que dende o concello colaboramos en todo momento, pero cremos que \u00e9 moi mellorable a xesti\u00f3n deste servizo para que se permita o acceso a toda a cidadan\u00eda\u201d, afirma Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>O alquiler deste autob\u00fas c\u00fastalle aos galegos e \u00e1s galegas 7.000 euros \u00e1 semana, ao que hai que engadirlle os gastos de persoal, manutenci\u00f3n e aloxamento dos profesionais.<\/p>\n\n\n\n<p>O Concello de Trabada colaborou e seguir\u00e1 colaborando en todo o que sexa necesario con todas as administraci\u00f3ns para mellorar os servizos e a calidade de vida dos trabadenses, \u201cpero tam\u00e9n solicitar\u00e1 e reivindicar\u00e1 os dereitos dos veci\u00f1os e un comportamento leal e institucional por parte de todos, que aqu\u00ed os se\u00f1ores do PP unha vez m\u00e1is volven a confundirse, pensando que o p\u00fablico \u00e9 privado e lles pertenece; en Trabada non, o p\u00fablico pert\u00e9ncelle a todos os veci\u00f1os\u201d, remata a alcaldesa.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha boa mostra disto \u00e9 que no d\u00eda de hoxe o autob\u00fas instalouse noutro lugar p\u00fablico sin contar coa autorizaci\u00f3n da administraci\u00f3n competente. Esta forma de proceder por parte da Xunta de Galicia \u00e9 intolerable, porque son capaces de po\u00f1er en perigo a seguridade dos usuarios ao instalarse na beira dunha estrada provincial e f\u00f3ra da zona urbana, cando te\u00f1en autorizado o uso da Praza do Concello.<\/p>\n\n\n\n<p><img decoding=\"async\" height=\"16\" width=\"16\" src=\"https:\/\/static.xx.fbcdn.net\/images\/emoji.php\/v9\/tde\/1\/16\/1f4f8.png\" alt=\"?\"> A IMAXE \u00c9 DA UBICACI\u00d3N NA XORNADA DE HOXE<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Trabada considera \u201cintolerable e moi mellorable\u201d a xesti\u00f3n do servizo \u2018Coidados Porta a Porta\u2019, tanto por parte de Xunta de Galicia como da empresa adxudicataria, tal e como xa manifestou o pasado venres. A finais do mes de marzo, a empresa adxudicataria, Silman 97, contacta co Concello de Trabada mediante carta solicitando [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":6038,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6037","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6037","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6037"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6037\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6038"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6037"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6037"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6037"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}