{"id":6067,"date":"2022-06-08T11:37:09","date_gmt":"2022-06-08T11:37:09","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6067"},"modified":"2022-06-08T11:37:10","modified_gmt":"2022-06-08T11:37:10","slug":"trabada-aproba-un-convenio-co-concello-de-ribadeo-para-o-subministro-de-auga-a-vilarbetote-sante-a-rabexa-pedrido-pacios-san-martino-e-vilafernando","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/06\/08\/trabada-aproba-un-convenio-co-concello-de-ribadeo-para-o-subministro-de-auga-a-vilarbetote-sante-a-rabexa-pedrido-pacios-san-martino-e-vilafernando\/","title":{"rendered":"TRABADA APROBA UN CONVENIO CO CONCELLO DE RIBADEO PARA O SUBMINISTRO DE AUGA A VILARBETOTE, SANTE, A RABEXA, PEDRIDO, PACIOS, SAN MARTI\u00d1O E VILAFERNANDO"},"content":{"rendered":"<p>O pleno do Concello de Trabada aprobou esta ma\u00f1\u00e1 cos votos a favor en solitario do grupo municipal socialista un convenio co Concello de Ribadeo para o subministro de auga aos n\u00facleos de Vilarbetote, Sante, A Rabexa, Pedrido, Pacios, San Marti\u00f1o e Vilafernando.<\/p>\n\n\n\n<p>O abastecemento de auga nestas parroquias prod\u00facese a trav\u00e9s dunha captaci\u00f3n no R\u00edo Eo, captaci\u00f3n que se localiza en Trabada mediante un bombeo no r\u00edo que leva a auga ata a ETAP onde se potabiliza (propiedade do Concello de Ribadeo). Posteriormente v\u00f3lvese a bombear ata un dep\u00f3sito de 1.000 m3 de capacidade operativa situado en Vilarbetote (Trabada).<\/p>\n\n\n\n<p>Era necesario efectuar unha revisi\u00f3n da soluci\u00f3n adoptada no 2007 mediante un acordo plenario, tanto pola falta dun expediente administrativo completo con garant\u00eda xur\u00eddica como polo grave prexu\u00edzo que sup\u00f3n para as arcas municipais ter que efectuar o pago da diferencia entre a auga rexistrada no contador xeral e a suma dos rexistros de todos os contadores individuais, ademais do mantemento da rede de Trabada.<\/p>\n\n\n\n<p>A este importe que se factura ao Concello de Trabada, que dende o 2018 ascendeu a uns 400.000 euros, deb\u00eda engadirse os custos do persoal do concello e os materiais e accesorios dedicados ao mantemento da rede en baixa.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cPor fin po\u00f1emos soluci\u00f3n a un grave problema para as arcas municipais derivado da xesti\u00f3n do PP, que adoptou un acordo plenario sen un s\u00f3 informe de Secretar\u00eda-Intervenci\u00f3n e no que se compromet\u00eda a unhas condici\u00f3ns inasumibles para o noso concello\u201d, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>Dende que xestiona o concello o actual grupo de goberno, a alcaldesa e os t\u00e9cnicos municipais mantiveron numerosas reuni\u00f3ns t\u00e9cnicas con representantes do Concello de Ribadeo e de Augas de Galicia \u201cpara intentar po\u00f1erlle soluci\u00f3n a unha situaci\u00f3n an\u00f3mala. Durante este tempo logramos que nos eximiran do pago do canon, algo que conseguimos grazas \u00e1s nosas xesti\u00f3ns e que supuxo un aforro importante para as arcas municipais, e agora coa aprobaci\u00f3n deste novo convenio lograremos un acordo xusto e positivo para as arcas municipais\u201d, engade Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>Co novo convenio, o Concello de Trabada deixa de efectuar o pago da diferenza entre a auga rexistrada no contador xeral e a suma dos rexistros de todos os contadores individuais, as\u00ed como o mantemento da rede de Trabada, a cambio de asumir o compromiso de investir 20.000 euros anuais con destino exclusivo a obras de renovaci\u00f3n de infraestruturas de abastecemento.<\/p>\n\n\n\n<p>Polo tanto, o Concello de Trabada aforrar\u00e1 os custos do pago anual do recibo da auga que se perde, as\u00ed como os custos de persoal e materiais do mantemento das redes en baixa, a cambio de realizar investimentos nas s\u00faas propias infraestruturas hidr\u00e1ulicas.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pleno do Concello de Trabada aprobou esta ma\u00f1\u00e1 cos votos a favor en solitario do grupo municipal socialista un convenio co Concello de Ribadeo para o subministro de auga aos n\u00facleos de Vilarbetote, Sante, A Rabexa, Pedrido, Pacios, San Marti\u00f1o e Vilafernando. O abastecemento de auga nestas parroquias prod\u00facese a trav\u00e9s dunha captaci\u00f3n no [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":6068,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6067","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6067","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6067"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6067\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6068"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6067"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6067"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6067"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}