{"id":6071,"date":"2022-06-14T12:09:17","date_gmt":"2022-06-14T12:09:17","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6071"},"modified":"2022-06-14T12:09:18","modified_gmt":"2022-06-14T12:09:18","slug":"trabada-e-ribadeo-conseguen-a-subvencion-que-solicitaron-a-xunta-para-acondicionar-a-ponte-de-union-entre-as-parroquias-de-valboa-e-cedofeita","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/06\/14\/trabada-e-ribadeo-conseguen-a-subvencion-que-solicitaron-a-xunta-para-acondicionar-a-ponte-de-union-entre-as-parroquias-de-valboa-e-cedofeita\/","title":{"rendered":"TRABADA E RIBADEO CONSEGUEN A SUBVENCI\u00d3N QUE SOLICITARON \u00c1 XUNTA PARA ACONDICIONAR A PONTE DE UNI\u00d3N ENTRE AS PARROQUIAS DE VALBOA E CEDOFEITA"},"content":{"rendered":"<p>Os concellos de Trabada e Ribadeo conseguiron a subvenci\u00f3n que solicitaron de forma conxunta \u00e1 Vicepresidencia Primeira e Conseller\u00eda de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un cami\u00f1o supramunicipal que une a trav\u00e9s dunha ponte as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cAgradecemos a axuda pero lamentamos que non alcance o m\u00e1ximo establecido na orde, que era o 80% do orzamento co l\u00edmite de 50.000 euros para as solicitudes conxuntas, como neste caso\u201d, afirma a alcaldesa de Trabada, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez. O orzamento das obras \u00e9 de 62.500 euros e a axuda concedida de 43.750 euros, o 70% do custe total, co cal o 30% restante deben asumilo directamente ambos concellos con fondos propios.<\/p>\n\n\n\n<p>A actuaci\u00f3n consistir\u00e1 no acondicionamento e pavimentaci\u00f3n do tramo, a prolongaci\u00f3n da obra de paso existente sobre o rego Ferreira e a instalaci\u00f3n de barreiras de seguridade en ambas marxes, coa finalidade de dotar uns accesos en boas condici\u00f3ns<\/p>\n\n\n\n<p>\u201c\u00c9 unha obra urxente para acondicionar o vial ao tr\u00e1nsito de veh\u00edculos, mellorando a comunicaci\u00f3n e a seguridade viaria, porque o vial tam\u00e9n serve de acceso a fincas agr\u00edcolas e a explotaci\u00f3ns gandeiras, as\u00ed como a parcelas forestais, polo que o tr\u00e1fico pesado \u00e9 importante e ocasiona un maior deterioro. Con esta actuaci\u00f3n, mellorarase ademais o trazado da curva existente para facilitar os xiros de veh\u00edculos pesados\u201d, indica Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>Fernando Su\u00e1rez, alcalde de Ribadeo, considera que \u201cestas actuaci\u00f3ns conxuntas en viarios que unen dous concellos supo\u00f1en o \u00fanico xeito de actuar de xeito eficiente e eficaz para que os veci\u00f1os e veci\u00f1as de ambos os dous municipios se vexan beneficiados\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Por outra parte, a notificaci\u00f3n de concesi\u00f3n establece a data l\u00edmite de xustificaci\u00f3n o 31 de outubro, pero a Xunta publicou a convocatoria o 11 de xaneiro e ti\u00f1a tres meses para resolvela. \u201cVisto que a Xunta incumpriu o prazo, xa que rematou o 11 de abril, agardamos que se contin\u00faa o problema coas licitaci\u00f3ns ampl\u00eden tam\u00e9n o prazo de xustificaci\u00f3n\u201d, engade a alcaldesa de Trabada.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os concellos de Trabada e Ribadeo conseguiron a subvenci\u00f3n que solicitaron de forma conxunta \u00e1 Vicepresidencia Primeira e Conseller\u00eda de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta para acondicionar e pavimentar un cami\u00f1o supramunicipal que une a trav\u00e9s dunha ponte as parroquias trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. \u201cAgradecemos a axuda pero lamentamos que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":6072,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6071","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6071","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6071"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6071\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6072"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6071"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6071"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6071"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}