{"id":6088,"date":"2022-07-01T15:20:12","date_gmt":"2022-07-01T15:20:12","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6088"},"modified":"2022-07-01T15:20:13","modified_gmt":"2022-07-01T15:20:13","slug":"o-concello-abre-a-piscina-municipal-a-pesar-das-dificultades-para-atopar-socorristas-pola-actual-normativa-da-xunta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/07\/01\/o-concello-abre-a-piscina-municipal-a-pesar-das-dificultades-para-atopar-socorristas-pola-actual-normativa-da-xunta\/","title":{"rendered":"O CONCELLO ABRE A PISCINA MUNICIPAL A PESAR DAS DIFICULTADES PARA ATOPAR SOCORRISTAS POLA ACTUAL NORMATIVA DA XUNTA"},"content":{"rendered":"<p>O Concello de Trabada \u00fanese \u00e1s queixas de numerosos concellos de Galicia polos problemas para a contrataci\u00f3n de socorristas neste ver\u00e1n, derivados da actual normativa da Xunta de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>No caso de Trabada, o concello solicitou o 25 de febreiro a axuda para a contrataci\u00f3n de dous traballadores socorristas, a xornada completa, que permitir\u00edan o funcionamento do servizo todos os d\u00edas da semana na piscina municipal.<\/p>\n\n\n\n<p>De feito, o d\u00eda 6 de maio o concello recibe a comunicaci\u00f3n de concesi\u00f3n da subvenci\u00f3n para a contrataci\u00f3n dos dous socorristas por un importe de 6.220 euros.<\/p>\n\n\n\n<p>O problema este ano en Galicia \u00e9 que a nova normativa da Xunta esixe aos socorristas unha formaci\u00f3n que non se demanda noutras comunidades aut\u00f3nomas, o que dificulta as contrataci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>A duraci\u00f3n e o custe dos cursos de formaci\u00f3n para desenvolver un traballo normalmente temporal, e na maior\u00eda dos casos complementario aos estudos, leva aos mozos e mozas a desistir da s\u00faa realizaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>No caso de Trabada, tras tres procesos de contrataci\u00f3n abertos dende o 10 de maio para cubrir d\u00faas prazas non se pechou ning\u00fan contrato. \u201cTivemos que contratar a unha persoa a trav\u00e9s dunha empresa co curso de socorrista doutra comunidade aut\u00f3noma e v\u00e9monos na obriga de renunciar \u00e1 axuda que a Xunta concedeu ao concello, polo tanto teremos que asumir o gasto da contrataci\u00f3n do socorrista con fondos propios municipais e pechar a piscina municipal dous d\u00edas \u00e1 semana\u201d, explica a alcaldesa, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cPed\u00edmoslle \u00e1 Xunta que modifique a normativa e que facilite o acceso a postos de socorristas, ao igual que o fan en comunidades aut\u00f3nomas veci\u00f1as, porque \u00e9 unha pena non poder abrir estas instalaci\u00f3ns. Abrimos hoxe pero non sabemos por canto tempo, porque a\u00ednda hai procesos selectivos noutros concellos da comarca e a falta de persoal fai que na medida do posible o persoal opte polo traballo que m\u00e1is cerca lles queda\u201d, engade.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Trabada \u00fanese \u00e1s queixas de numerosos concellos de Galicia polos problemas para a contrataci\u00f3n de socorristas neste ver\u00e1n, derivados da actual normativa da Xunta de Galicia. No caso de Trabada, o concello solicitou o 25 de febreiro a axuda para a contrataci\u00f3n de dous traballadores socorristas, a xornada completa, que permitir\u00edan o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":6089,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6088","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6088","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6088"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6088\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6089"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6088"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6088"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6088"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}