{"id":6098,"date":"2022-07-16T08:36:23","date_gmt":"2022-07-16T08:36:23","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6098"},"modified":"2022-07-16T08:36:24","modified_gmt":"2022-07-16T08:36:24","slug":"a-alcaldesa-de-trabada-trasladalle-ao-conselleiro-de-medio-rural-os-proxectos-pendentes-e-as-demandas-historicas-dos-vecinos-e-vecinas-do-concello","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/07\/16\/a-alcaldesa-de-trabada-trasladalle-ao-conselleiro-de-medio-rural-os-proxectos-pendentes-e-as-demandas-historicas-dos-vecinos-e-vecinas-do-concello\/","title":{"rendered":"A ALCALDESA DE TRABADA TRASL\u00c1DALLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL OS PROXECTOS PENDENTES E AS DEMANDAS HIST\u00d3RICAS DOS VECI\u00d1OS E VECI\u00d1AS DO CONCELLO"},"content":{"rendered":"<p>A alcaldesa de Trabada, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, envioulle unha carta ao conselleiro de Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez V\u00e1zquez, para trasladarlle os proxectos pendentes e as demandas hist\u00f3ricas dos veci\u00f1os e veci\u00f1as do concello, entre as que destaca a concentraci\u00f3n parcelaria en Monte da Vilapena.<\/p>\n\n\n\n<p>Na carta, Garc\u00eda Berm\u00fadez lembra que \u201co 5 de outubro de 2015 remitinlle unha carta \u00e1 anterior conselleira de Medio Rural para trasladarlle a mi\u00f1a vontade de manter un di\u00e1logo institucional aberto, fluido e cordial co fin de poder executar proxectos pendentes e sacar adiante novas iniciativas de dotaci\u00f3n e mellora de infraestructuras e servizos que aumenten a calidade de vida e o benestar das veci\u00f1as e veci\u00f1os, adem\u00e1is de favorecer a creaci\u00f3n de emprego e o desenvolvemento econ\u00f3mico\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Grazas a esas xesti\u00f3ns, Trabada conta ano tras ano con brigadas de prevenci\u00f3n e extinci\u00f3n de incendios, a diferencia doutros concellos que non as solicitan.<\/p>\n\n\n\n<p>Asimesmo, co fin de definir as actuaci\u00f3ns que Trabada pretend\u00eda desenvolver conxuntamente entre o concello e a conseller\u00eda do Medio Rural, remitiulle un listado cos proxectos pendentes e as iniciativas de dotaci\u00f3n e mellora de infraestructuras e servizos.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cVisto que a d\u00eda de hoxe a\u00ednda non se abordaron parte deses proxectos, ind\u00edcolle que os m\u00e1is prioritarios para o concello son a concentraci\u00f3n parcelaria en Monte da Vilapena e a solicitude de cesi\u00f3n en propiedade dun veh\u00edculo motobomba, xa que a que temos \u00e9 moi antiga e ten m\u00faltiples aver\u00edas; isto obr\u00edganos a non poder conveniar coa Xunta no ver\u00e1n, porque nos desconta os d\u00edas de servizo que est\u00e1 averiada e ao final somos os concellos os que temos que asumir os gastos derivados da contrataci\u00f3n do persoal para a motobomba\u201d, engade a alcaldesa.<\/p>\n\n\n\n<p>Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez ofrece a s\u00faa colaboraci\u00f3n \u00e1 Xunta para contribu\u00edr entre ambas administraci\u00f3ns a manter vivo o rural aumentando o valor do terreo dos propietarios particulares coa concentraci\u00f3n parcelaria, e garantindo a seguridade das persoas e do territorio en caso de cat\u00e1strofes coa motobomba, convidando ao conselleiro a visitar o concello.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A alcaldesa de Trabada, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, envioulle unha carta ao conselleiro de Medio Rural, Jos\u00e9 Gonz\u00e1lez V\u00e1zquez, para trasladarlle os proxectos pendentes e as demandas hist\u00f3ricas dos veci\u00f1os e veci\u00f1as do concello, entre as que destaca a concentraci\u00f3n parcelaria en Monte da Vilapena. Na carta, Garc\u00eda Berm\u00fadez lembra que \u201co 5 de outubro de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":6099,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6098","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6098","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6098"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6098\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6099"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6098"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6098"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6098"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}