{"id":6108,"date":"2022-07-29T11:55:33","date_gmt":"2022-07-29T11:55:33","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6108"},"modified":"2022-07-29T11:55:34","modified_gmt":"2022-07-29T11:55:34","slug":"a-xunta-consultiva-en-materia-de-ordenacion-do-territorio-e-urbanismo-de-galicia-informa-favorablemente-o-plan-basico-municipal-de-trabada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/07\/29\/a-xunta-consultiva-en-materia-de-ordenacion-do-territorio-e-urbanismo-de-galicia-informa-favorablemente-o-plan-basico-municipal-de-trabada\/","title":{"rendered":"A XUNTA CONSULTIVA EN MATERIA DE ORDENACI\u00d3N DO TERRITORIO E URBANISMO DE GALICIA INFORMA \u201cFAVORABLEMENTE\u201d O PLAN B\u00c1SICO MUNICIPAL DE TRABADA"},"content":{"rendered":"<p class=\"wp-block-paragraph\">A alcaldesa e deputada provincial delegada da \u00e1rea de Econom\u00eda, Recadaci\u00f3n e Facenda, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, asistiu hoxe en Santiago ao pleno da Xunta Consultiva en Materia de Ordenaci\u00f3n do Territorio e Urbanismo de Galicia, na que se informou \u201cfavorablemente\u201d o plan b\u00e1sico municipal de Trabada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O plan b\u00e1sico municipal marcar\u00e1 un antes e un despois na historia de Trabada, xa que se trata dunha ferramenta fundamental para a ordenaci\u00f3n e o desenvolvemento do concello, apostando sempre por un urbanismo responsable e respectuoso.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cHoxe \u00e9 un d\u00eda moi importante para Trabada\u201d, afirmou Garc\u00eda Berm\u00fadez, que tivo unhas palabras de agradecemento e afecto para a directora xeral de Urbanismo, Encarnaci\u00f3n Rivas: \u201cFoi un pracer traballar contigo e co teu equipo, pois ambas ti\u00f1amos a vontade de sacar adiante este plan como un instrumento fundamental para a ordenaci\u00f3n e desenvolvemento do noso concello\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cEstamos especialmente satisfeitos polo conseguido, por ter unha garant\u00eda xur\u00eddica para os t\u00e9cnicos pero tam\u00e9n para a veci\u00f1anza, e sobre todo, por ter acadado entre o goberno municipal e os veci\u00f1os de R\u00eda de Abres manter a clasificaci\u00f3n de solo urbano, pois no documento de aprobaci\u00f3n inicial desaparec\u00eda e delimit\u00e1banse dous n\u00facleos rurais e solo r\u00fastico\u201d, explica a alcaldesa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cCremos que foi moi importante manter as reuni\u00f3ns informativas coa veci\u00f1anza, tanto na fase de aprobaci\u00f3n inicial como despois de que se resolveran as alegaci\u00f3ns; agradecemos tam\u00e9n a participaci\u00f3n da veci\u00f1anza nas mesmas e agora quedamos \u00e1 espera de que a conseller\u00eda de Medio Ambiente aprobe definitivamente este plan, que entrar\u00e1 en vigor antes de que remate este ano\u201d, engade a alcaldesa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez lembra que \u201co 13 de xu\u00f1o de 2015 tomei posesi\u00f3n como alcaldesa deste pobo, e o 8 de febreiro do 2016 mantiven a primeira das dez reuni\u00f3ns informativas que organizamos nas parroquias do concello coa fin de dar a co\u00f1ecer a delimitaci\u00f3n dos n\u00facleos municipais que se establec\u00edan no documento previo \u00e1 aprobaci\u00f3n definitiva do PXOM. Un documento iniciado al\u00e1 polo ano 2003, pero que pasados 12 anos estaban a\u00ednda nunha fase moi primaria e&nbsp; inicial\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En palabras da alcaldesa, \u201cdende un principio, ti\u00f1amos moi claro que era prioritario po\u00f1er orde urban\u00edstico dentro do noso territorio, a trav\u00e9s dun urbanismo responsable e seguro, e sobre todo, un urbanismo que dera resposta ao desenvolvemento ordenado da vila. Por iso, o 15 de marzo de 2017, aprobamos no Pleno da Corporaci\u00f3n a Proposta de Alcald\u00eda para solicitar \u00e1 Conseller\u00eda de Medio Ambiente a redacci\u00f3n do Plan B\u00e1sico Municipal do Concello de Trabada\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cCinco anos m\u00e1is tarde, estamos aqu\u00ed, cos deberes feitos, e orgullosos do traballo feito ata hoxe\u201d, remata a alcaldesa de Trabada.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A alcaldesa e deputada provincial delegada da \u00e1rea de Econom\u00eda, Recadaci\u00f3n e Facenda, Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, asistiu hoxe en Santiago ao pleno da Xunta Consultiva en Materia de Ordenaci\u00f3n do Territorio e Urbanismo de Galicia, na que se informou \u201cfavorablemente\u201d o plan b\u00e1sico municipal de Trabada. O plan b\u00e1sico municipal marcar\u00e1 un antes e un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":6109,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6108","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6108","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6108"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6108\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6109"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6108"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6108"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6108"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}