{"id":6172,"date":"2022-11-25T13:42:44","date_gmt":"2022-11-25T13:42:44","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6172"},"modified":"2022-11-25T13:42:46","modified_gmt":"2022-11-25T13:42:46","slug":"a-alcaldesa-de-trabada-e-o-delegado-do-goberno-visitan-a-antiga-escola-unitaria-de-vilapercide-rehabilitada-para-uso-publico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2022\/11\/25\/a-alcaldesa-de-trabada-e-o-delegado-do-goberno-visitan-a-antiga-escola-unitaria-de-vilapercide-rehabilitada-para-uso-publico\/","title":{"rendered":"A ALCALDESA DE TRABADA E O DELEGADO DO GOBERNO VISITAN A ANTIGA ESCOLA UNITARIA DE VILAPERCIDE, REHABILITADA PARA USO P\u00daBLICO"},"content":{"rendered":"<p class=\"wp-block-paragraph\">A alcaldesa do&nbsp;Concello de Trabada,&nbsp;Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, e o delegado do goberno en Galicia, Jos\u00e9 Mi\u00f1ones, visitaron hoxe a antiga escola unitaria de Vilapercide, rehabilitada para uso p\u00fablico e social.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No ano 2020, o goberno municipal conseguiu unha subvenci\u00f3n por importe de 26.963,08 euros para a rehabilitaci\u00f3n deste inmoble en Vilapercide, financiada con fondos que transfire o Goberno do Estado \u00e1 Xunta (neste caso os fondos de vivenda do Plan 2018-2021 do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana). O concello aportou con cargo a fondos propios outros 11.786,92 euros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Non \u00e9 a \u00fanica axuda deste tipo que conseguiu, pois xa rehabilitou outra vivenda en Sante e neste momento executa as obras de rehabilitaci\u00f3n da primeira planta da casa escola de Trabadela.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cDende o Concello de Trabada agradecemos a colaboraci\u00f3n que ten o Goberno de Espa\u00f1a co noso Concello, agora n\u00f3tase que temos un goberno sensible coas necesidades do rural\u201d, asegurou Garc\u00eda Berm\u00fadez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A semana pasada, co\u00f1ec\u00edase a resoluci\u00f3n da subvenci\u00f3n conseguida polo goberno local para impulsar un proxecto dirixido a aumentar a atenci\u00f3n \u00e1s persoas maiores e xerar emprego, medidas fundamentais para o reto demogr\u00e1fico ao que se enfrontan os concellos rurais de todo o Estado.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Parte deste proxecto desenvolverase desde o edificio da antiga escola unitaria de Vilapercide. O Concello de Trabada foi o \u00fanico seleccionado na provincia de Lugo e recibir\u00e1 m\u00e1is de 142.000 euros para po\u00f1elo en marcha, con diferentes iniciativas para reforzar os servizos p\u00fablicos, apoiar proxectos que xeren emprego ou fomentar a transici\u00f3n dixital.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Outros proxectos estatais<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Trabada beneficiase tam\u00e9n do programa Campus Rural, unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transici\u00f3n Ecol\u00f3xica e o Reto Demogr\u00e1fico, en colaboraci\u00f3n co Ministerio de Universidades e a Conferencia de Reitores das Universidades Espa\u00f1olas (CRUE), que permite a estudantes universitarios de calquera titulaci\u00f3n oficial realizar pr\u00e1cticas formativas no medio rural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O concello tam\u00e9n est\u00e1 adherido ao programa Ruraltic, do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que \u00e9 unha ferramenta ao servizo dos cidad\u00e1ns de pequenos concellos de Espa\u00f1a. Contar\u00e1 con dous funcionarios do Miteco durante d\u00faas semanas para acercarlle as novas tecnolox\u00edas \u00e1 veci\u00f1anza, sobre todo aos maiores.&nbsp;&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A alcaldesa do&nbsp;Concello de Trabada,&nbsp;Mayra Garc\u00eda Berm\u00fadez, e o delegado do goberno en Galicia, Jos\u00e9 Mi\u00f1ones, visitaron hoxe a antiga escola unitaria de Vilapercide, rehabilitada para uso p\u00fablico e social. No ano 2020, o goberno municipal conseguiu unha subvenci\u00f3n por importe de 26.963,08 euros para a rehabilitaci\u00f3n deste inmoble en Vilapercide, financiada con fondos que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":6173,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-6172","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6172","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6172"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6172\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6173"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6172"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6172"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6172"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}