{"id":6942,"date":"2025-09-02T12:53:51","date_gmt":"2025-09-02T10:53:51","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=6942"},"modified":"2025-09-03T10:55:12","modified_gmt":"2025-09-03T08:55:12","slug":"o-concello-de-trabada-solicita-a-xunta-de-galicia-a-reactivacion-da-antena-de-fornea-en-funcionamento-so-uns-meses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2025\/09\/02\/o-concello-de-trabada-solicita-a-xunta-de-galicia-a-reactivacion-da-antena-de-fornea-en-funcionamento-so-uns-meses\/","title":{"rendered":"O Concello de Trabada solicita \u00e1 Xunta de Galicia a reactivaci\u00f3n da antena de F\u00f3rnea, en funcionamento s\u00f3 uns meses"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde de Trabada, Rub\u00e9n Garc\u00eda Freije, v\u00e9n de remitir unha carta ao conselleiro de Facenda e Administraci\u00f3n P\u00fablica, Miguel Corgos L\u00f3pez-Prado, para trasladarlle a preocupaci\u00f3n da veci\u00f1anza de F\u00f3rnea ante a situaci\u00f3n da antena de telefon\u00eda instalada nesta parroquia.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">A finais do ano 2019 o Concello de Trabada solicitou \u00e1 Amtega (Axencia para a Modernizaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica de Galicia) a mellora da cobertura m\u00f3bil en diferentes zonas do municipio. Froito desta petici\u00f3n, instalouse unha antena en F\u00f3rnea, que entrou en funcionamento no mes de marzo de 2025, logo da cesi\u00f3n dunha finca municipal e da adecuaci\u00f3n dos accesos por parte do Concello.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Sen embargo, desde o mes de xullo a antena deixou de funcionar. O Concello de Trabada trasladou en reiteradas ocasi\u00f3ns a incidencia \u00e1 Amtega, pero o problema segue sen resolverse.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O rexedor subli\u00f1a: \u201cEstamos a falar dun servizo b\u00e1sico, fundamental para os nosos veci\u00f1os e veci\u00f1as, que despois de moitos anos de espera por fin viran mellorada a s\u00faa cobertura m\u00f3bil. Conseguimos po\u00f1er en marcha a antena en 2025, pero s\u00f3 estivo operativa uns meses. Agora atop\u00e1monos outra vez sen este recurso esencial no rural\u201d.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Garc\u00eda Freije engade: \u201cO Concello de Trabada seguir\u00e1 ofrecendo toda a colaboraci\u00f3n necesaria \u00e1 Xunta de Galicia para garantir que a antena volva funcionar canto antes. Non podemos permitirnos dar pasos atr\u00e1s cando falamos de servizos b\u00e1sicos e de calidade no rural\u201d.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Desde o Concello de Trabada qu\u00e9rese reiterar a disposici\u00f3n total a cooperar con todas as conseller\u00edas competentes para mellorar as infraestruturas e garantir que a veci\u00f1anza disfrute dunhas condici\u00f3ns de igualdade no acceso \u00e1s telecomunicaci\u00f3ns.<\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O alcalde de Trabada, Rub\u00e9n Garc\u00eda Freije, v\u00e9n de remitir unha carta ao conselleiro de Facenda e Administraci\u00f3n P\u00fablica, Miguel Corgos L\u00f3pez-Prado, para trasladarlle a preocupaci\u00f3n da veci\u00f1anza de F\u00f3rnea ante a situaci\u00f3n da antena de telefon\u00eda instalada nesta parroquia. A finais do ano 2019 o Concello de Trabada solicitou \u00e1 Amtega (Axencia para a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":6943,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[90],"tags":[],"class_list":["post-6942","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6942","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=6942"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/6942\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/6943"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=6942"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=6942"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=6942"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}