{"id":7051,"date":"2025-11-27T14:21:48","date_gmt":"2025-11-27T13:21:48","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=7051"},"modified":"2025-11-27T14:24:28","modified_gmt":"2025-11-27T13:24:28","slug":"o-concello-de-trabada-aproba-uns-orzamentos-historicos-para-2026-que-superan-por-primeira-vez-os-2-millons-de-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2025\/11\/27\/o-concello-de-trabada-aproba-uns-orzamentos-historicos-para-2026-que-superan-por-primeira-vez-os-2-millons-de-euros\/","title":{"rendered":"O Concello de Trabada aproba uns orzamentos hist\u00f3ricos para 2026, que superan por primeira vez os 2 mill\u00f3ns de euros"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\">O pleno do Concello de Trabada aprobou hoxe os orzamentos correspondentes ao exercicio 2026, que acadan unha cifra hist\u00f3rica no municipio: 2.051.341,61 euros, sendo a primeira vez que Trabada supera a barreira dos dous mill\u00f3ns. Tr\u00e1tase duns orzamentos \u201cambiciosos, realistas e centrados no coidado das persoas\u201d, tal e como destacou o alcalde, Rub\u00e9n Garc\u00eda.<\/span><\/p>\n<p><b>Aposta decidida polos servizos sociais e o Centro de Maiores<\/b><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Un dos piares fundamentais das contas municipais \u00e9 o investimento en pol\u00edticas sociais. O Concello destina 604.499,08 euros, o que sup\u00f3n o 30 % do total do orzamento, tanto aos servizos sociais como ao funcionamento e mellora do Centro de Maiores.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde salientou que \u201cestes orzamentos reflicten claramente o modelo de traballo do goberno municipal: po\u00f1er \u00e1s persoas no centro, garantir servizos p\u00fablicos de calidade e asegurar que os nosos maiores dispo\u00f1an da atenci\u00f3n que merecen\u201d.<\/span><\/p>\n<p><b>Reforzo do tecido asociativo <\/b><b><br \/>\n<\/b><span style=\"font-weight: 400;\"><br \/>\n<\/span><span style=\"font-weight: 400;\">O orzamento municipal tam\u00e9n contempla unha partida de 26.800 euros destinada directamente ao tecido asociativo, co obxectivo de apoiar a actividade das asociaci\u00f3ns, clubs e comisi\u00f3ns de festas.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Ademais desta achega directa, o Concello destaca que nas contas refl\u00edctese tam\u00e9n \u201ctodo o labor de colaboraci\u00f3n continuada\u201d coas entidades culturais, deportivas e festivas para facer posible unha programaci\u00f3n amplia durante todo o ano.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">\u201cO compromiso do Concello co tecido asociativo \u00e9 absoluto. \u00c9 fundamental que as asociaci\u00f3ns sintan o apoio das instituci\u00f3ns para seguir dinamizando a vida social, cultural e deportiva de Trabada\u201d, subli\u00f1ou Garc\u00eda.<\/span><\/p>\n<p><b>Investimentos: case medio mill\u00f3n de euros en proxectos municipais<\/b><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O cap\u00edtulo de investimentos ascende en 2026 a 467.759,42 euros, preto de medio mill\u00f3n destinado a melloras en infraestruturas, servizos p\u00fablicos e equipamentos en todas as parroquias do municipio.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde lembrou que o Concello continuar\u00e1 a s\u00faa li\u00f1a de traballo dos \u00faltimos anos: \u201cseguiremos solicitando todas as subvenci\u00f3ns \u00e1s que poidamos optar e reclamando financiamento \u00e1s distintas administraci\u00f3ns \u2014Xunta, Deputaci\u00f3n e Goberno central\u2014 para levar adiante novos proxectos que melloren o d\u00eda a d\u00eda da nosa veci\u00f1anza\u201d.<\/span><\/p>\n<p><b>Un compromiso claro coa mellora continua do municipio<\/b><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Rub\u00e9n Garc\u00eda conclu\u00edu que \u201cestes orzamentos hist\u00f3ricos non son s\u00f3 unha cifra r\u00e9cord, sen\u00f3n unha mostra clara do noso compromiso co progreso de Trabada. Son contas centradas nas persoas, nos coidados, na mellora continua dos servizos e na dinamizaci\u00f3n social de todas as parroquias\u201d.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde asegurou que o equipo de goberno seguir\u00e1 traballando \u201c para seguir mellorando o noso pobo e ofrecer m\u00e1is e mellores oportunidades aos veci\u00f1os e veci\u00f1as de Trabada\u201d.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pleno do Concello de Trabada aprobou hoxe os orzamentos correspondentes ao exercicio 2026, que acadan unha cifra hist\u00f3rica no municipio: 2.051.341,61 euros, sendo a primeira vez que Trabada supera a barreira dos dous mill\u00f3ns. Tr\u00e1tase duns orzamentos \u201cambiciosos, realistas e centrados no coidado das persoas\u201d, tal e como destacou o alcalde, Rub\u00e9n Garc\u00eda. Aposta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7052,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[90],"tags":[],"class_list":["post-7051","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7051","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7051"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7051\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7052"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7051"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7051"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7051"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}