{"id":7058,"date":"2025-11-28T11:02:51","date_gmt":"2025-11-28T10:02:51","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=7058"},"modified":"2025-12-01T11:05:25","modified_gmt":"2025-12-01T10:05:25","slug":"o-concello-de-trabada-celebrara-o-seu-mercadino-de-nadal-o-sabado-20-de-decembro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2025\/11\/28\/o-concello-de-trabada-celebrara-o-seu-mercadino-de-nadal-o-sabado-20-de-decembro\/","title":{"rendered":"O Concello de Trabada celebrar\u00e1 o seu Mercadi\u00f1o de Nadal o s\u00e1bado 20 de decembro"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\">\u00a0O Concello de Trabada organiza xunto coas entidades locais A.C. Veiguello, A.C. O Picato e o Motoclube A Cadeira para o s\u00e1bado, 20 de decembro, unha nova edici\u00f3n do Mercadi\u00f1o de Nadal, que ter\u00e1 lugar na Praza do Concello entre as 11:30 e as 20:00 horas. A xornada incl\u00fae actividades para todas as idades, m\u00fasica en directo, obradoiros, mostra de produtos locais e artes\u00e1ns, as\u00ed como propostas especialmente dirixidas ao p\u00fablico infantil.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O Mercadi\u00f1o comezar\u00e1 \u00e1s 11:30 horas coa apertura oficial. \u00c1s 12:00 horas ter\u00e1 lugar unha exposici\u00f3n fotogr\u00e1fica a cargo da Asociaci\u00f3n Cultural O Veigello de Villaform\u00e1n, seguida \u00e1s 12:30 horas dun obradoiro de postais navide\u00f1as destinado aos m\u00e1is pequenos e pequenas.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">A m\u00fasica ser\u00e1 outra das protagonistas da xornada. \u00c1s 13:00 horas, o m\u00fasico Vadim Yukhnevich ofrecer\u00e1 unha actuaci\u00f3n aberta ao p\u00fablico. Xa pola tarde, \u00e1s 15:00 horas, celebrarase un contacontos infantil titulado <\/span><i><span style=\"font-weight: 400;\">A Apalpadora<\/span><\/i><span style=\"font-weight: 400;\">.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">A partir das 16:30 horas, o Motoclube A Cadeira organizar\u00e1 unha papanoleada moteira, que incluir\u00e1 unha degustaci\u00f3n gratu\u00edta de chocolate quente e biscoito para todas as persoas asistentes. Ademais, o servizo de bar durante toda a xornada correr\u00e1 tam\u00e9n a cargo do Motoclube.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O punto m\u00e1is esperado polos nenos e nenas chegar\u00e1 \u00e1s 18:00 horas, coa visita de Papa Noel e do Apalpador, que traer\u00e1n ilusi\u00f3n e agasallos para todos os pequenos e pequenas.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Durante todo o d\u00eda haber\u00e1 inchables gratu\u00edtos, ademais de postos de produtos locais e artesanais e diferentes actividades de lecer, complementando unha ampla programaci\u00f3n pensada para dinamizar a vida social e econ\u00f3mica do municipio nestas datas.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O Concello de Trabada agradece a colaboraci\u00f3n das entidades locais, especialmente da A.C. Veiguello, A.C. O Picato, e do Motoclube A Cadeira, que fan posible este evento.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Desde o Concello conv\u00eddase a toda a veci\u00f1anza e visitantes a participar neste Mercadi\u00f1o de Nadal, pensado para compartir unha xornada festiva e en familia no coraz\u00f3n do municipio.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00a0O Concello de Trabada organiza xunto coas entidades locais A.C. Veiguello, A.C. O Picato e o Motoclube A Cadeira para o s\u00e1bado, 20 de decembro, unha nova edici\u00f3n do Mercadi\u00f1o de Nadal, que ter\u00e1 lugar na Praza do Concello entre as 11:30 e as 20:00 horas. A xornada incl\u00fae actividades para todas as idades, m\u00fasica [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7059,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[90],"tags":[],"class_list":["post-7058","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7058","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7058"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7058\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7059"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7058"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7058"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7058"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}