{"id":7106,"date":"2026-01-09T15:50:33","date_gmt":"2026-01-09T14:50:33","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=7106"},"modified":"2026-01-26T15:51:10","modified_gmt":"2026-01-26T14:51:10","slug":"o-concello-de-trabada-acometera-a-mellora-integral-do-teleclub-de-sante-cun-investimento-de-mais-de-50-000-euros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2026\/01\/09\/o-concello-de-trabada-acometera-a-mellora-integral-do-teleclub-de-sante-cun-investimento-de-mais-de-50-000-euros\/","title":{"rendered":"O Concello de Trabada acometer\u00e1 a mellora integral do Teleclub de Sante cun investimento de m\u00e1is de 50.000 euros"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\">\u00a0O alcalde de Trabada, Rub\u00e9n Garc\u00eda, e a concelleira do equipo de goberno, Lupe Rego, anunciaron a execuci\u00f3n dunha actuaci\u00f3n de mellora integral no local do Teleclub da parroquia de Sante tras realizar unha visita ao propio inmoble para comprobar o seu estado actual e as necesidades existentes.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O proxecto contempla actuaci\u00f3ns destinadas a mellorar a accesibilidade,\u00a0 coa instalaci\u00f3n dunha rampa exterior e dunha nova barandilla. Ademais, levarase a cabo unha reforma tanto no exterior como no interior do local, que incl\u00fae a substituci\u00f3n do chan e do falso teito, o pintado interior e exterior, a renovaci\u00f3n das luminarias e outras melloras co obxectivo de modernizar e po\u00f1er a punto as instalaci\u00f3ns.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Esta actuaci\u00f3n ser\u00e1 posible grazas a un convenio asinado polo alcalde de Trabada coa Deputaci\u00f3n de Lugo, que permitir\u00e1 financiar o proxecto cunha achega de 50.000 euros. O orzamento total da intervenci\u00f3n ascende a 51.432,75 euros, asumindo o Concello a diferenza con fondos propios.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Desde o goberno municipal destacan que esta intervenci\u00f3n se enmarca na li\u00f1a de traballo que o Concello de Trabada v\u00e9n desenvolvendo nos \u00faltimos anos, centrada na mellora dos espazos e infraestruturas de uso p\u00fablico nas parroquias, especialmente aqueles que acollen actividades sociais, culturais e veci\u00f1ais organizadas polas propias asociaci\u00f3ns locais.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde, Rub\u00e9n Garc\u00eda, sinalou que \u201cos locais sociais son espazos fundamentais para a convivencia e a dinamizaci\u00f3n das parroquias, polo que \u00e9 prioritario garantir que conten con instalaci\u00f3ns accesibles e en boas condici\u00f3ns\u201d. Pola s\u00faa banda, a concelleira Lupe Rego destacou \u201ca importancia de seguir apostando pola mellora destes espazos para facilitar o desenvolvemento das actividades veci\u00f1ais e reforzar a vida comunitaria\u201d.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Con esta actuaci\u00f3n, o Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas municipais e co apoio ao tecido asociativo local, contribu\u00edndo a fortalecer a cohesi\u00f3n social e a calidade de vida da veci\u00f1anza.<\/span><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00a0O alcalde de Trabada, Rub\u00e9n Garc\u00eda, e a concelleira do equipo de goberno, Lupe Rego, anunciaron a execuci\u00f3n dunha actuaci\u00f3n de mellora integral no local do Teleclub da parroquia de Sante tras realizar unha visita ao propio inmoble para comprobar o seu estado actual e as necesidades existentes. O proxecto contempla actuaci\u00f3ns destinadas a mellorar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7107,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[90],"tags":[],"class_list":["post-7106","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7106","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7106"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7106\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7107"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7106"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7106"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7106"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}