{"id":7109,"date":"2026-01-15T15:52:04","date_gmt":"2026-01-15T14:52:04","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=7109"},"modified":"2026-01-26T15:52:38","modified_gmt":"2026-01-26T14:52:38","slug":"o-concello-de-trabada-inaugura-proximamente-o-novo-centro-social-da-ria-de-abres","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2026\/01\/15\/o-concello-de-trabada-inaugura-proximamente-o-novo-centro-social-da-ria-de-abres\/","title":{"rendered":"O Concello de Trabada inaugura proximamente o novo centro social da R\u00eda de Abres"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\">O Concello de Trabada inaugurar\u00e1 o pr\u00f3ximo domingo, d\u00eda 25, a partir das 12:15 horas, o novo centro social da parroquia da R\u00eda de Abres. Un acto ao que est\u00e1n convidadas todas as veci\u00f1as e veci\u00f1os do municipio, e de maneira especial, a veci\u00f1anza desta parroquia.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">No acto de inauguraci\u00f3n contarase coa presenza da presidenta da Deputaci\u00f3n de Lugo, Carmela L\u00f3pez, ademais de representantes municipais. Tras a apertura oficial do novo espazo, haber\u00e1 un pequeno picoteo para todas as persoas asistentes, co obxectivo de compartir este momento tan especial para a parroquia.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Este novo centro social sup\u00f3n un proxecto moi ilusionante para o Concello, xa que a R\u00eda de Abres era a \u00fanica das oito parroquias de Trabada que non dispo\u00f1\u00eda ata agora dun local social propio no que a veci\u00f1anza puidese reunirse, convivir e desenvolver diferentes actividades culturais, sociais e veci\u00f1ais.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde de Trabada, Rub\u00e9n Garc\u00eda, destacou que \u201ccon esta inauguraci\u00f3n damos resposta a unha demanda hist\u00f3rica da parroquia da R\u00eda de Abres, dot\u00e1ndoa dun espazo digno e funcional que servir\u00e1 como punto de encontro para a veci\u00f1anza e para fortalecer a vida social da parroquia\u201d. O rexedor engadiu que \u201cseguimos traballando para que todas as parroquias do noso concello conten con infraestruturas b\u00e1sicas que melloren a calidade de vida das persoas que viven nelas\u201d.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">A construci\u00f3n do novo centro social foi posible grazas a un convenio asinado polo alcalde de Trabada coa Deputaci\u00f3n de Lugo, que achegou 190.000 euros para a execuci\u00f3n do proxecto. O investimento total ascendeu a algo m\u00e1is de 196.000 euros, sendo a cantidade restante achegada polo Concello de Trabada.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Desde o goberno municipal subli\u00f1an que esta actuaci\u00f3n enm\u00e1rcase na li\u00f1a de traballo de mellorar as infraestruturas municipais e de apostar por espazos que favorezan a convivencia, a participaci\u00f3n e o desenvolvemento da vida comunitaria en todas as parroquias do concello.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O Concello de Trabada anima a toda a veci\u00f1anza a participar neste acto de inauguraci\u00f3n e a compartir unha xornada que marca un antes e un despois para a parroquia da R\u00eda de Abres.<\/span><span style=\"font-weight: 400;\"><br \/>\n<\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Trabada inaugurar\u00e1 o pr\u00f3ximo domingo, d\u00eda 25, a partir das 12:15 horas, o novo centro social da parroquia da R\u00eda de Abres. Un acto ao que est\u00e1n convidadas todas as veci\u00f1as e veci\u00f1os do municipio, e de maneira especial, a veci\u00f1anza desta parroquia. No acto de inauguraci\u00f3n contarase coa presenza da presidenta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7110,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[90],"tags":[],"class_list":["post-7109","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7109","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7109"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7109\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7110"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7109"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7109"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7109"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}