{"id":7126,"date":"2026-01-28T12:38:09","date_gmt":"2026-01-28T11:38:09","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=7126"},"modified":"2026-01-28T12:38:09","modified_gmt":"2026-01-28T11:38:09","slug":"o-concello-de-trabada-reitera-a-sua-queixa-a-correos-polas-graves-deficiencias-no-servizo-postal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2026\/01\/28\/o-concello-de-trabada-reitera-a-sua-queixa-a-correos-polas-graves-deficiencias-no-servizo-postal\/","title":{"rendered":"O Concello de Trabada reitera a s\u00faa queixa a Correos polas graves deficiencias no servizo postal"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\">\u00a0O Concello de Trabada v\u00e9n de remitir unha nova queixa formal \u00e1 Direcci\u00f3n de Correos para denunciar as graves deficiencias que contin\u00faa a sufrir o servizo postal no municipio. Tr\u00e1tase da segunda reclamaci\u00f3n presentada nos \u00faltimos meses, tras non terse producido ningunha mellora desde a primeira comunicaci\u00f3n enviada en setembro de 2025.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Desde o Concello advirten de que a situaci\u00f3n, lonxe de corrixirse, agravouse notablemente, como consecuencia da falta de cobertura de persoal na oficina de Trabada. A baixa da titular do servizo e o atraso na designaci\u00f3n de persoal substituto provocaron un funcionamento a\u00ednda m\u00e1is deficiente, con retrasos de varios meses no reparto, notificaci\u00f3ns que non chegan aos seus destinatarios, d\u00edas enteiros sen servizo e unha acumulaci\u00f3n alarmante de env\u00edos pendentes.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde de Trabada, Rub\u00e9n Garc\u00eda Freije, sinala que \u201cestamos a falar dun servizo b\u00e1sico e esencial para a veci\u00f1anza, que afecta tanto \u00e1 vida coti\u00e1 das persoas como \u00e1 actividade administrativa e econ\u00f3mica do municipio. Non podemos permitir que os nosos veci\u00f1os e veci\u00f1as sigan sendo prexudicados por unha situaci\u00f3n que se poder\u00eda evitar cunha correcta planificaci\u00f3n\u201d.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Desde o Concello lembran que xa na primeira queixa se advert\u00eda da necesidade urxente de cubrir vacantes e garantir as substituci\u00f3ns durante per\u00edodos de baixas ou vacaci\u00f3ns, unha demanda que segue sen resposta efectiva. Por este motivo, nesta nova comunicaci\u00f3n solic\u00edtase con car\u00e1cter de urxencia a cobertura inmediata das baixas e vacantes existentes, unha organizaci\u00f3n do servizo que permita o reparto diario e regular da correspondencia e unha revisi\u00f3n estrutural da dotaci\u00f3n de persoal e dos horarios de atenci\u00f3n.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">\u201cO noso deber como administraci\u00f3n local \u00e9 defender \u00e1 nosa veci\u00f1anza e esixir que os servizos p\u00fablicos se presten en condici\u00f3ns dignas e \u00f3ptimas, do mesmo xeito que noutros concellos\u201d, engade o rexedor, quen conf\u00eda en que \u201cesta segunda reclamaci\u00f3n sirva para que Correos adopte medidas inmediatas e dea unha resposta formal \u00e1 situaci\u00f3n\u201d.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O Concello de Trabada manter\u00e1 a s\u00faa postura firme ata que se garanta un servizo postal continuo e equiparable ao de outros municipios, reiterando o seu compromiso coa defensa dos dereitos e necesidades da veci\u00f1anza.<\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u00a0O Concello de Trabada v\u00e9n de remitir unha nova queixa formal \u00e1 Direcci\u00f3n de Correos para denunciar as graves deficiencias que contin\u00faa a sufrir o servizo postal no municipio. Tr\u00e1tase da segunda reclamaci\u00f3n presentada nos \u00faltimos meses, tras non terse producido ningunha mellora desde a primeira comunicaci\u00f3n enviada en setembro de 2025. Desde o Concello [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7127,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-7126","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-trabada"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7126","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7126"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7126\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7127"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7126"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7126"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7126"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}