{"id":7155,"date":"2026-02-23T12:17:00","date_gmt":"2026-02-23T11:17:00","guid":{"rendered":"https:\/\/trabada.gal\/?p=7155"},"modified":"2026-02-23T12:17:00","modified_gmt":"2026-02-23T11:17:00","slug":"o-concello-de-trabada-participa-nun-encontro-coa-xunta-e-recursos-de-galicia-sobre-o-parque-eolico-mondigo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/2026\/02\/23\/o-concello-de-trabada-participa-nun-encontro-coa-xunta-e-recursos-de-galicia-sobre-o-parque-eolico-mondigo\/","title":{"rendered":"O Concello de Trabada participa nun encontro coa Xunta e Recursos de Galicia sobre o parque e\u00f3lico Mondigo"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde de Trabada, Rub\u00e9n Garc\u00eda Freije, participou esta ma\u00f1\u00e1 nun encontro celebrado en Ribadeo coa conselleira de Econom\u00eda e Industria, Mar\u00eda Jes\u00fas Lorenzana, no que tam\u00e9n estiveron presentes o director xeral de Planificaci\u00f3n Enerx\u00e9tica e Minas, Pablo Fern\u00e1ndez Vila, representantes de Recursos de Galicia e os alcaldes dos concellos implicados na \u00e1rea de influencia do parque e\u00f3lico Mondigo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Na reuni\u00f3n, na que tam\u00e9n participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, abord\u00e1ronse diferentes cuesti\u00f3ns relacionadas cos beneficios que este proxecto pode supo\u00f1er para a veci\u00f1anza dos municipios afectados.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Durante o encontro resolv\u00e9ronse varias d\u00fabidas formuladas polos representantes municipais. Entre elas, explicouse que o radio de 1,8 quil\u00f3metros establecido para determinar as persoas beneficiarias se fixa en funci\u00f3n dos estudos de viabilidade do parque e que se calcular\u00e1 desde cada un dos aeroxeradores. Ademais, trasladouse que este criterio poder\u00eda flexibilizarse no futuro en funci\u00f3n da evoluci\u00f3n do proxecto.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Nos pr\u00f3ximos d\u00edas, Recursos de Galicia remitir\u00e1 aos concellos os planos detallados coa delimitaci\u00f3n deste radio de influencia. Dende o Concello de Trabada xa se trasladou a s\u00faa total colaboraci\u00f3n para axudar a definir e axustar estes mapas sobre o terreo, co obxectivo de identificar correctamente \u00e1s persoas beneficiarias.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Outro dos aspectos aclarados durante a reuni\u00f3n foi que a bonificaci\u00f3n prevista cubrir\u00e1 o 80% do consumo el\u00e9ctrico, e non do total da factura, unha cuesti\u00f3n que fora trasladada polos representantes municipais.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">As\u00ed mesmo, o Concello de Trabada pon a disposici\u00f3n da veci\u00f1anza as s\u00faas instalaci\u00f3ns e os seus t\u00e9cnicos para prestar apoio no proceso de solicitude destas bonificaci\u00f3ns, xa que as persoas que resulten inclu\u00eddas no mapa recibir\u00e1n unha comunicaci\u00f3n nas s\u00faas vivendas e deber\u00e1n iniciar posteriormente o tr\u00e1mite correspondente a trav\u00e9s dunha plataforma web.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">Durante o encontro tam\u00e9n se abordou a posibilidade de que os concellos poidan participar no capital do parque e\u00f3lico, unha opci\u00f3n que ser\u00e1 analizada unha vez que se remita a informaci\u00f3n detallada sobre as condici\u00f3ns e o procedemento.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">O alcalde de Trabada destacou o bo entendemento entre todas as partes presentes na reuni\u00f3n e subli\u00f1ou que \u201cdende o Concello seguimos traballando para que un proxecto desta importancia te\u00f1a tam\u00e9n un retorno directo para os veci\u00f1os e veci\u00f1as de Trabada\u201d.<\/span><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O alcalde de Trabada, Rub\u00e9n Garc\u00eda Freije, participou esta ma\u00f1\u00e1 nun encontro celebrado en Ribadeo coa conselleira de Econom\u00eda e Industria, Mar\u00eda Jes\u00fas Lorenzana, no que tam\u00e9n estiveron presentes o director xeral de Planificaci\u00f3n Enerx\u00e9tica e Minas, Pablo Fern\u00e1ndez Vila, representantes de Recursos de Galicia e os alcaldes dos concellos implicados na \u00e1rea de influencia [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":7156,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[90],"tags":[],"class_list":["post-7155","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7155","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=7155"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/7155\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/7156"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=7155"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=7155"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/trabada.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=7155"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}