Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

RENOVACIÓN DOS VIAIS QUE DAN ACCESO AOS NÚCLEOS DE PORTELA, A VEIGA DESDE A LU-P-6102, E DE VILAPERCIDE A CABANA

RENOVACIÓN DOS VIAIS QUE DAN ACCESO AOS NÚCLEOS DE PORTELA, A VEIGA DESDE A LU-P-6102, E DE VILAPERCIDE A CABANA

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de mellora nos accesos de Vilapercide a Cabana, e ao núcleo da Veiga desde a estrada LU-P-6102.

Ademais, queda pendente unha terceira actuación, no tramo que da acceso ao núcleo de Portela, debido a que se estiveron realizando tarefas de saca de madeira na zona, pero os traballos levaranse a cabo este mes de outubro se as condicións meteorolóxicas o permiten.

“Desde o concello, impulsamos de forma continua melloras na rede de comunicación das parroquias, neste caso tres viais moi utilizados polos veciños que quedan totalmente renovados”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

As obras están cofinanciadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que fai unha achega de 43.591 euros en dúas anualidades (21.795,50 euros no 2021 e 21.795,50 euros no 2022), mentres que o Concello de Trabada fai unha achega de 9.473,34 euros.

“Con esta actuación arranxamos máis de tres quilómetros de viais municipais, cunha limpeza de cunetas e un tratamento de rego asfáltico, xa que se trata de tramos cunha anchura de entre 3 e 3,5 metros de ancho”, engade a alcaldesa.

No caso do camiño que da acceso a Portela, de máis de 500 metros, mellorarase nas próximas semanas o pavimento, pois as cunetas xa se limparon para facilitar a circulación de auga, unha actuación moi similar á realizada entre os núcleos de Vilapercide e Cabana (1.870 metros), e no acceso á Veiga desde a LU-P-6102 (640 metros).

Página anterior REMATA A RECONSTRUCIÓN DA PONTE DE PAXARÍN PARA MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA NA ZONA

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol