O alcalde de Trabada, Rubén García, mantivo na mañá de hoxe unha reunión de traballo co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e coa subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, na que se abordaron diferentes cuestións de interese para o municipio. Durante o encontro, tratáronse asuntos relacionados co acceso á vivenda no rural […]
O Concello de Trabada vén de finalizar as obras de mellora das vías de comunicación no lugar de Louro, na parroquia de Sante, unha actuación que supuxo un investimento de algo máis de 25.000 euros. Esta intervención permitiu mellorar o estado das vías neste núcleo de poboación, facilitando así a mobilidade e incrementando a seguridade […]
O Concello de Trabada vén de formalizar a cesión gratuíta da antiga escola de Villafernando, tras a sinatura dun acordo coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol, propietaria do inmoble. O acto contou coa presenza do ecónomo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, quen participou na sinatura xunto ao alcalde de Trabada, culminando así un proceso de colaboración entre ambas […]
O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu no día de hoxe no Concello aos membros da Asociación Saúde Mental A Mariña, entidade coa que o municipio mantén unha colaboración continuada ao longo dos últimos anos. Esta asociación foi a encargada de elaborar as cuncas que se empregarán na vindeira edición da Festa da Enfariñada, reforzando […]
O Concello de Trabada celebrará o próximo domingo 17 de maio unha nova edición do tradicional Encontro dos Maiores, unha xornada especialmente emotiva que reúne a veciños e veciñas de todas as parroquias do municipio para compartir un día de convivencia e homenaxe. Este encontro, dirixido ás persoas maiores de 65 anos e aos seus […]
O Concello de Trabada vén de conseguir unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia para a creación dunha nova área de autocaravanas no complexo deportivo municipal, cun investimento total de 30.000 euros. Esta actuación permitirá seguir ampliando os servizos dun espazo que xa conta con múltiples instalacións deportivas e de lecer como pista de […]
O Concello de Trabada acollerá o vindeiro domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas a VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que nesta edición se celebrará na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque. Debido ao crecemento continuo do evento foi necesario ampliar o espazo. Esta festa, xa consolidada no calendario local, […]
O Concello de Trabada acollerá os próximos 25 e 26 de abril unha nova edición da Romaría de San Marcos, unha das festas e feiras máis emblemáticas e con maior tradición do municipio, que terá lugar na área recreativa da A Cadeira. O alcalde, Rubén García, acompañou aos veciños e veciñas da parroquia de Orrea […]
O Concello de Trabada informa de que na xornada de hoxe a Deputación de Lugo aprobou en Xunta de Goberno a rehabilitación do firme da estrada provincial LU-P-6101, que conecta o núcleo de Trabadela coa parroquia da Ría de Abres. A actuación abarcará un treito de 1,3 quilómetros e contará cun investimento de máis de […]
O Concello de Trabada vén de rematar as obras de mellora en diferentes estradas municipais nos lugares de Carreirachá, na parroquia de Vilaformán, e O Bargo, na parroquia da Vilapena. Esta actuación contou cun orzamento de algo máis de 26.000 euros. Os traballos están incluídos dentro do Plan de Cooperación cos Concellos 2025 da Deputación […]