O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas que desde o próximo martes, 19 de outubro, reanúdase o programa ‘+SAÚDE’ dirixido aos maiores do municipio.
“É un programa terapéutico, gratuíto e que levaremos ás parroquias do concello coa finalidade de facilitar o acceso de todos os veciños e veciñas”, explica a alcaldesa, Mayra García.
A finalidade desta iniciativa é a de promover a autonomía das persoas maiores, e en consecuencia, mellorar a súa calidade de vida.
Despois do parón obrigado pola pandemia do coronavirus, o concello recupera ‘+SAÚDE’ e invita a todos os seus veciños e veciñas a participar. Este programa de terapia ocupacional dirixida aos maiores terá os seguintes horarios:
-Martes ás 16:00 horas no Centro Cívico de Vidal.
-Martes ás 17:45 horas no Teleclube de Sante.
-Mércores ás 16: 00 horas no Centro Cívico de Vilapena.
-Mércores ás 17:45 horas na Casa da Cultura de Trabada.
-Xoves ás 16:00 horas no Centro Cívico de Valboa.
-Xoves ás 17:45 horas na Escola de Abres.