Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

A ALCALDESA SOLICÍTALLE UNHA REUNIÓN A ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO E A COLABORACIÓN DA XUNTA PARA CONSTRUÍR UN AUDITORIO E UN AULA DE MÚSICA

A ALCALDESA SOLICÍTALLE UNHA REUNIÓN A ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO E A COLABORACIÓN DA XUNTA PARA CONSTRUÍR UN AUDITORIO E UN AULA DE MÚSICA

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, remitiulle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que lle solicita a colaboración do goberno autonómico para a construción dun auditorio e dunha aula de música.

“O Concello de Trabada redactou un proxecto para a construción dun auditorio e unha aula de música, xa que a día de hoxe non se dispón de ningún inmoble similar e é unha demanda histórica da veciñanza do noso Concello; o orzamento ascende a 984.897 euros, polo que solicitamos a colaboración da Xunta para poder realizar este investimento”, explica García Bermúdez.

Na carta, a alcaldesa lembra que “a Xunta de Galicia colaborou recentemente coa construcción dun auditorio en Marín, coa aportación de dous millóns de euros, e coa construcción dunha escola de música en Begonte, con outra achega de 1.046.938,67 euros”.

“Tendo en conta que polo Concello de Trabada tamén discurre o Camiño do Norte, plantexamos a posibilidade, ao igual que en Begonte, de que poidan participar na financiación a Axencia de Turismo, a Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Cultura”, engade.

Agardando que haxa a mesma colaboración por parte da Xunta cos veciños e veciñas do Concello de Trabada que coa veciñanza dos concellos de Marín e Begonte, García Bermúdez solicítalle unha entrevista a Núñez Feijóo para presentarlle o proxecto e a maqueta do mesmo, valorando as diferentes posibilidades de financiación.

Por último, a alcaldesa aproveita a carta para “convidalo unha vez máis a visitar a nosa vila, estou a súa disposición para tratar este asunto ou calquera outra cuestión de interese para as veciñas e veciños de Trabada”.

Página anterior O CONCELLO DE TRABADA REMATA AS OBRAS DE INSTALACIÓN DE ILUMINACIÓN ORNAMENTAL NO APARCADOIRO DE AUTOCARAVANAS E NO SEU ACCESO

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol