Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA PROMOCIONA EN FITUR O SEU PATRIMONIO NATURAL E O NOVO MUSEO ETNOGRÁFICO

O CONCELLO DE TRABADA PROMOCIONA EN FITUR O SEU PATRIMONIO NATURAL E O NOVO MUSEO ETNOGRÁFICO

O Concello de Trabada está presente na edición 2022 de Fitur, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo, onde promociona o seu patrimonio natural e paisaxístico, así como o novo museo etnográfico.

“Para nós é moi importante estar aquí, cada ano son máis as entidades e persoas interesadas en Fitur polos atractivos paisaxísticos e patrimoniais que ofrece Trabada”, asegura a alcaldesa, Mayra García Bermúdez, que hoxe está na feira representando ao concello.

Unha das novidades este ano dentro da promoción de Trabada é o Centro Etnográfico José Rocha, que durante décadas coleccionou obxectos e obras antigas de todo tipo. Con todo este legado e nun acto de xenerosidade, hai varios anos comezou a impulsarse este proxecto, que desde o pasado verán é unha realidade e un éxito.

Outro dos recursos que serviron para incrementar o potencial turístico de Trabada foi o espazo de autocaravanas, que desde o pasado mes de decembro conta ademais con alumeado ornamental para desestacionalizar o seu uso.

Durante a xornada de hoxe, a alcaldesa de Trabada mantivo reunións co secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, e co secretario xeral para o Reto Demográfico, Francisco Boya.

Na promoción do concello en Fitur son tamén protagonistas as rutas de sendeirismo, como a da Fraga de Becerreira; a Fraga de Vilapena; a ruta do Vento; a ruta de subida ao Picato, e a ruta do Monte Roxal-Teixido.

“Os destinos de natureza son cada vez máis demandados, e moito máis desde o comezo da pandemia, polo que Trabada ten moito que ofrecer e cada vez recibe máis visitantes”, engade García Bermúdez, que puxo tamén en valor en Fitur as actividades deportivas no río Eo e o Camiño do Norte a Santiago, do que Trabada forma parte.

Página anterior O CONCELLO DE TRABADA CONSIGUE UNHAS NOVAS AXUDAS PARA INSTALAR TRES PUNTOS DE RECARGA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol