Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO INICIOU NO ANO 2021 MÁIS DE 20 OBRAS E ACTUACIÓNS PARA MELLORAR OS SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS

O CONCELLO INICIOU NO ANO 2021 MÁIS DE 20 OBRAS E ACTUACIÓNS PARA MELLORAR OS SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS

O Concello de Trabada aprobou en pleno a liquidación do orzamento do 2021, pechando o exercicio cuns créditos definitivos de 2.705.280,15 euros, despois de inicialo con 1.592.037,95 euros.

“Esta xestión económica realizada polo goberno municipal permitiunos levar a cabo numerosas obras para renovar os servizos e infraestruturas públicas; actuacións todas elas dirixidas a mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”, explica a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.

En concreto, houbo actuacións de mellora de instalacións e equipamentos como o parque infantil na rúa San Roque; o aparcadoiro de autocaravanas; a pista de pádel; o remate das obras de rehabilitación da escola de Vilapercide; a reparación e pintado da fachada da Cámara Agraria; as tarefas para enfoscar e pintar os muros do pabellón de Sante, ou a musealización do Centro Etnográfico “Xosé Rocha”

Polo que respecta á rede de estradas e camiños, iniciáronse as obras de mellora da rúa Cotarelo; a pavimentación dos accesos ao Bargo, Vilauso, Vilasusa, Carreirachá, Ribela e de Vilapercide á Cabana, así como a construción da nova ponte de Paxarín. Melloráronse tamén os abastecementos en varios núcleos de Trabada e en Vilarbetote, e adquiriuse un punto limpio móbil.

“Todas estas actuacións lévanse a cabo porque o goberno municipal traballa, solicita as axudas e prioriza o orzamento municipal en investimentos”, engade a alcaldesa, “xa que ningunha administración, nin a Xunta, nin a Diputación nin o Estado financian investimentos no concello que eu persoalmente non solicite”.

Página anterior O CONCELLO DE TRABADA ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN PARA XÓVENES AO COMPLEXO HISTÓRICO E RECREATIVO DAS MINAS CONSUELO E BOULLOSO EN PONTENOVA

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol