Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA APLICA UNHA REBAIXA DO 10% AOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS NO RECIBO DO LIXO

O CONCELLO DE TRABADA APLICA UNHA REBAIXA DO 10% AOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS NO RECIBO DO LIXO

O Concello de Trabada aplica unha bonificación do 10% na taxa por recollida de lixo aos seus veciños e veciñas, unha rebaixa que xa fixo efectiva nos recibos correspondentes ao segundo semestre do ano 2021.

“No Concello de Trabada aprobamos fai un ano esta bonificación coa finalidade de repercutir nos propios veciños e veciñas a rebaixa que Sogama, previa solicitude do Concello, fai aos municipios por importe do 10% no prezo do tratamento e eliminación por tonelada de lixo”, explica a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

No ano 2021, o concello recadou polos recibos do lixo 55.120 euros, mentres que o gasto para as arcas municipais da recollida dos residuos sólidos urbanos ascendeu a 95.089,38 euros.

“A pesar de tratarse dun servizo deficitario, dende o goberno municipal decidimos aplicar todas as rebaixas e exencións posibles, nun contexto de moitas dificultades e incertidume para as familias, as pemes e os autónomos”, engade a alcaldesa.

“Esta medida únese á bonificación do 95% do IBI das instalacións das explotacións agrogandeiras que adoptamos no anterior mandato, e neste mandato tamén adoptamos unha bonificación do 95% do ICIO para estas instalacións, coa finalidade de colaborar cun sector fundamental para o noso concello”, remata García Bermúdez.

Página anterior O CENTRO DE SAÚDE DE TRABADA ATÓPASE HOXE EN DÍA SEN MÉDICO POR DIVERSOS MOTIVOS E O CONCELLO DEMANDA AO SERGAS UNHA SOLUCIÓN INMEDIATA

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol