Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO PARTICIPA NO PROGRAMA ‘CAMPUS RURAL’ DO MINISTERIO PARA O RETO DEMOGRÁFICO E RECIBE Á SÚA PRIMEIRA ALUMNA UNIVERSITARIA EN PRÁCTICAS 

O CONCELLO PARTICIPA NO PROGRAMA ‘CAMPUS RURAL’ DO MINISTERIO PARA O RETO DEMOGRÁFICO E RECIBE Á SÚA PRIMEIRA ALUMNA UNIVERSITARIA EN PRÁCTICAS 

O concelleiro de Deportes e Saúde de Trabada, Rubén García, recibiu á alumna da Universidade de Vigo que realizará durante tres meses prácticas no concello. 

O Concello de Trabada solicitou a participación no Programa ‘Campus Rural’ de prácticas universitarias no medio rural, unha iniciativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e as universidades públicas españolas. 

Este programa permite que os universitarios de calquera titulación oficial poidan levar a cabo prácticas académicas, curriculares e extracurriculares en entornos rurais. 

Esta mañá, o concelleiro Rubén García recibiu á alumna procedente da Universidade de Vigo, que está a estudar Dirección e Xestión pública e vai realizar as prácticas no concello durante tres meses. 

Durante este período, a alumna residirá na antiga escola de Vilapercide, rehabilitada e equipada polo actual equipo de goberno, xa que un dos requisitos do Programa ‘Campus Rural’ é que o alumnado debe residir no propio municipio donde realice as prácticas. 

“Dende o concello valoramos de forma moi positiva esta iniciativa do goberno de España porque promoven a formación e a experiencia dende o rural; isto contribúe a que os estudantes universitarios visibilicen as oportunidades que hai no rural”, engadiu Rubén García. 

Página anterior O CONCELLO DE TRABADA CELEBRA UN EMOTIVO ENCONTRO DOS MAIORES COA ASISTENCIA DE MÁIS DE 180 PERSOAS

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol