O CONCELLO DE TRABADA INAUGUROU ONTE O CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2022

Na xornada de onte deu comezo o campamento urbano de verán 2022 do Concello de Trabada. Grazas a esta actividade, un total de 19 nenos e nenas gozarán ata o mes de setembro de propostas de ocio e lecer en horario de mañá. No campamento participa un grupo de cativos e cativas de entre 3 e 12 anos de idade.

Esta proposta busca reforzar a igualdade de oportunidades entre as familias. Así, a iniciativa ofrece unha actividade para a infancia tras rematar o curso escolar, na que se combinan o ocio e a aprendizaxe.

“Este campamento permítenos favorecer a conciliación das familias de Trabada á vez que fomentamos actividades socioeducativas e de lecer coa infancia”, sinala Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Ademais, o goberno local está a traballar en actividades dirixidas á rapazada maior dos 12 anos que completen así a oferta municipal.

“Para nós é fundamental responder ás necesidades das familias, con independencia de que teñamos que facelo en solitario, pois hoxe mesmo coñecemos que a Xunta de Galicia non nos concedeu a axuda solicitada para estes programas. Polo que un ano máis teremos que financiar con fondos propios municipais estas actividades de conciliación, ás que se suman os programas de madrugadores ou ludiseráns”, explica a alcaldesa.

Para o goberno local as medidas de conciliación son fundamentais para fixar poboación no rural. “Son unha firme defensora dos servizos públicos, polo que dende que chegamos ao goberno local fixemos unha aposta decidida por atender e prestar servicios a toda a veciñanza”, finaliza a alcaldesa.

Página anterior TRABADA E RIBADEO CONSEGUEN A SUBVENCIÓN QUE SOLICITARON Á XUNTA PARA ACONDICIONAR A PONTE DE UNIÓN ENTRE AS PARROQUIAS DE VALBOA E CEDOFEITA

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol