Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA ACOLLE NAS FESTAS PATRONAIS UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES LÚDICAS E DE LECER PARA TODAS AS IDADES

O CONCELLO DE TRABADA ACOLLE NAS FESTAS PATRONAIS UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES LÚDICAS E DE LECER PARA TODAS AS IDADES

O Concello de Trabada acolle desde este venres, día 12, e coincidindo coas festas patronais unha ampla programación de actividades lúdicas e de lecer para os seus veciños e visitantes.

“Nuns días de numerosos encontros familiares e de amizade en Trabada, quixemos confeccionar unha programación familiar, apostando ademais pola cultura galega e pola gastronomía baseada nos produtos locais”, sinala a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

Por unha parte, chegan de novo á praza do concello os ‘Seráns Culturais’, con diferentes espectáculos artísticos, como concertos musicais, cine ou maxia. Este venres, 12 de agosto, actuará ‘Uxía Lambona e a Banda Molona’ ás 18:00 horas. Esa mesma noite, ás 22:00 horas, proxectarase a película ‘Valentina’.

O domingo 14 de agosto o programa ‘Saborea a túa provincia’, da Deputación de Lugo, visitará Trabada cunha proposta de actividades relacionadas coa gastronomía.

Esta xornada gastronómica e lúdica, que comezará ás 12:30 horas, estará amenizada polo grupo tradicional ‘Tumba e dalle’. Haberá un obradoiro de cociña infantil, degustacións e a mellor gastronomía lucense coas tapas que elaborarán os profesionais que forman parte da asociación ‘Cociñeiros Lugo’. Iria Estévez Music ofrecerá ademais o seu concerto ‘Atlántica’. Pola tarde, ás 18 horas, actuará ‘Kote Malabar’ co espectáculo ‘Cirkote’.

O luns 15 de agosto, día de Santa María, actuará ‘Mamá Cabra’ ás 18:00 horas, mentres que o martes 16 de agosto, día de San Roque, Trabada recibirá a actuación do rockeiro e guitarreiro ‘Pakolas’.

Página anterior O CONCELLO DE TRABADA ACOLLE O ACTO DE SINATURA DA APROBACIÓN DEFINITIVA DO SEU PLAN BÁSICO MUNICIPAL

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol