Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

A OBRA DE TEATRO “TRES” REPRESÉNTASE MAÑÁ SÁBADO EN TRABADA NO MARCO DOS CICLOS TEATRAIS MENSUAIS IMPULSADOS POLO CONCELLO

A OBRA DE TEATRO “TRES” REPRESÉNTASE MAÑÁ SÁBADO EN TRABADA NO MARCO DOS CICLOS TEATRAIS MENSUAIS IMPULSADOS POLO CONCELLO

O Concello de Trabada informa do inicio mañá sábado, 5 de novembro, dos Ciclos Teatrais Mensuais. A primeira representación será “Tres”, do grupo de teatro “El Cioyo”.

Esta será a primeira das 8 obras de teatro programadas no marco deste ciclo ata o vindeiro mes de xuño. A obra representarase ás 21:00 na Casa da Cultura e a entrada será gratuíta ata completar o aforo.

O Goberno local de Trabada busca con estes ciclos teatrais achegar á cultura aos veciños e veciñas da vila. Ademais, estas representacións permiten colaborar con grupos de teatro da comarca.

“Esta iniciativa permítenos apoiar á cultura, tanto dende o punto de vista da creación cultural como dende a perspectiva de ofrecer espectáculos teatrais á cidadanía”, sinala Mayra García, alcaldesa de Trabada.

As representacións continuarán ata o vindeiro mes de xuño de 2023, cun espectáculo distinto cada mes.

Página anterior O CONCELLO INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS PARA ACONDICIONAR A PONTE DE UNIÓN ENTRE VALBOA E CEDOFEITA

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol