A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e as concelleiras Julia Barcia Fernández e Suevia Reimonde Gasalla supervisaron as obras de rehabilitación da primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal.
Na súa visita puideron comprobar que a renovación marcha a moi bo ritmo.
O proxecto abarca a remodelación da primeira planta do inmoble para dotalo de mellores condicións de habitabilidade, mediante o redimensionado da zona de día composta por salón-comedor-cociña e do baño, mentres que se manteñen os tres dormitorios existentes.
O orzamento das obras de reforma é de 40.255,95€ euros e a subvención que acadou o Concello de Trabada é de 25.937,48 euros.