Lunes - Viernes 8:00 am - 15:00 pm

O CONCELLO DE TRABADA INFORMA DA REAPERTURA AO TRÁFICO DA PONTE ENTRE AS PARROQUIAS DE VALBOA E CEDOFEITA TRAS AS OBRAS DE MELLORA

O CONCELLO DE TRABADA INFORMA DA REAPERTURA AO TRÁFICO DA PONTE ENTRE AS PARROQUIAS DE VALBOA E CEDOFEITA TRAS AS OBRAS DE MELLORA

A vía reábrese tras os traballos de acondicionamento realizados conxuntamente co Concello de Ribadeo

O Concello de Trabada informa aos seus veciños e veciñas da finalización das obras de acondicionamento da ponte que une a parroquia trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. Tras estes traballos, realizados de forma conxunta co Concello de Ribadeo, a vía reábrese ao tráfico rodado.

Os traballos consistiron no acondicionamento e pavimentación deste camiño supramunicipal, que une as citadas parroquias a través dunha ponte. Ademais, prolongouse o paso existente sobre o rego Ferreira e instaláronse barreiras de seguridade en ambas marxes, para que o acceso estea en boas condicións.

“Ambos concellos fixemos un esforzo para arranxar este camiño, que une diferentes núcleos de poboación. Antes dos traballos, a vía presentaba un estado deficitario cunha ponte moi estreita sobre o rego Ferreira, polo que tras as obras melloramos a comunicación e a seguridade viaria”, explica Mayra García Bermúdez, alcaldesa de Trabada.

Esta vía serve de acceso a fincas agrícolas, explotacións gandeiras e forestais, polo que soporta bastante tráfico pesado, que ocasiona un maior deterioro do firme. “Mellórase tamén o trazado da curva, para facilitar os xiros de vehículos pesados. Ademais, co acondicionamento da vía, os vehículos en servizo de emerxencia poden facer da mesma en boas condicións”, engade a rexedora.

Para poder realizar os traballos, ambos municipios lograron unha subvención solicitada conxuntamente á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta.

Os Concellos de Ribadeo e Trabado aportaron o 30% dun orzamento que ascende a 62.500 euros.

Página anterior A ALCALDESA DE TRABADA REIVINDICA NA COMISIÓN DE DESPOBOACIÓN DA FEMP “UNHA DISCRIMINACIÓN POSITIVA PARA OS CONCELLOS PEQUENOS NO FINANCIAMENTO LOCAL”

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Horario:

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol