O CONCELLO DE TRABADA SOLIDARIZASE COAS PERSOAS AFECTADAS POLA DANA E PIDE A COLABORACIÓN DA VECIÑANZA
Debido a situación tan difícil que está a atravesar a Comunidade Valenciana polos efectos do paso da DANA, o Concello de Trabada comeza unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros (incluindo produtos para persoas con intolerancias alimentarias) para enviar ás zonas afectadas.
A recollida será dende o luns 4 de novembro nas oficinas municipais do Concello de Trabada en horario de 08.00 horas a 15.30 horas de luns a venres.
Facemos dende o Concello un chamamento a solidaridade, xa que cada pequeno xesto conta.