Melloras na antiga escola de Vidal

Melloras na antiga escola de Vidal

O Concello de Trabada anuncia hoxe a solicitude dunha axuda destinada á mellora da antiga Escola de Vidal que permitirá a substitución integral da cuberta e a instalación de novos canalóns para mellorar a eficiencia enerxética do inmoble.

Este luns 20 de xaneiro ás 12:00 abriu o prazo para solicitar en concorrencia non competitiva esta axuda dentro do programa de corrección de impactos paisaxísticos do Instituto de Estudos do Territorio pertencente á Xunta de Galicia. 

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinala que «esta actuación reforza o compromiso de mellorar e poñer en valor as infraestruturas municipais. Tras a recente reforma interior da vivenda, agora damos un paso máis coa mellora da cuberta, contribuíndo á eficiencia enerxética do edificio».

As antigas escolas das parroquias de Trabada están actualmente destinadas a alugueiros sociais e, segundo indicou o alcalde, «nos próximos días accederán ás vivendas as persoas que presentaron a súa solicitude e que cumpren cos requisitos establecidos».

O goberno local continúa así co seu obxectivo de recuperar espazos públicos e fomentar o seu uso social. 

Página anterior Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

Ayuntamiento de trabada 2021 - Todos los derechos reservados

es_ESEspañol