O Concello de Trabada solicita unha nova subvención para a mellora da iluminación pública

O Concello de Trabada solicita unha nova subvención para a mellora da iluminación pública

O Concello de Trabada vén de solicitar unha nova subvención á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para a substitución de luminarias en varios núcleos do municipio. Con esta iniciativa, o goberno municipal busca continuar co seu compromiso de mellora da eficiencia enerxética e aforro no consumo eléctrico.

O proxecto, cun orzamento superior aos 50.000 euros, permitirá a renovación do alumeado público en O Vilar, Trabada, Vidal, Vilarbetote e Vilafernando. Esta actuación enmárcase dentro da estratexia municipal para a modernización das infraestruturas e a aposta por un modelo máis sostible e eficiente.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa: «Dende o goberno municipal de Trabada seguimos solicitando todas as subvencións que se adaptan ás necesidades do noso concello. O noso obxectivo é levar a cabo o maior número de proxectos posibles en todo o territorio, para mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.»

Así mesmo, subliñou a importancia da colaboración institucional para lograr avances significativos: «Sempre solicitamos axudas a todas as administracións, porque queremos executar proxectos que repercutan directamente no benestar da nosa veciñanza.»

O Concello de Trabada reafirma así o seu compromiso coa sustentabilidade e a mellora dos servizos públicos, impulsando proxectos que contribúan ao desenvolvemento do municipio e ao coidado do medio ambiente.

Página anterior Trabada celebra unha nova edición dos Cantos de Taberna para dinamizar a hostalería local

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados