Xogos e actividades Pascua Sante 2025

O Concello de Trabada colabora coas asociacións e clubs locais para dinamizar o municipio

O Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio a través da colaboración con diferentes asociacións e clubs locais. Neste sentido, colabora coa Asociación de Veciños de Sante na organización dos «Xogos e actividades de Pascua», un evento pensado para a diversión da xuventude que se celebrará o próximo 6 de abril ás 16:30 horas en Sante (Trabada).

O evento inclúe diversas actividades como a decoración e busca de ovos de Pascua, ademais de xogos recreativos e un taller de graffiti dirixido a mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Para participar nesta última actividade, cada asistente deberá levar o seu propio spray de auga. O custo de inscrición é de 5 euros.

As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de abril e poden realizarse a través do teléfono 696 266 162.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia deste tipo de iniciativas e reafirmou o compromiso do Concello coa colaboración en eventos que promoven a participación cidadá e a dinamización local. «Continuamos ca colaboración con todas as asociacións e clubs do noso concello, dado que fan unha labor moi importante de dinamización do noso municipio», sinalou.

O Concello de Trabada anima a participar nesta xornada festiva e a gozar dunha tarde de xogos e creatividade en familia.

Página anterior O Concello de Trabada valora positivamente as medidas anunciadas pola Consellería de Medio Rural en apoio aos produtores da IXP Faba de Lourenzá

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados