O Concello de Trabada solicita unha subvención para mellorar o miradoiro da Área recreativa de A Choza

O Concello de Trabada acada unha subvención para a adecuación do miradoiro da Área recreativa de A Choza

O Concello de Trabada consegue unha subvención de 30.000 euros para a adecuación, recuperación e tratamento paisaxístico do miradoiro da Área recreativa de A  Choza na Ría de Abres. Esta axuda permitirá mellorar e poñer en valor un espazo de gran interese natural e turístico no municipio.

A solicitude desta subvención foi presentada polo Concello o pasado 21 de febreiro ás 12:02, tan só dous minutos despois da apertura do prazo de presentación. Este feito reflicte a planificación e a eficiencia na xestión do goberno municipal, que vén traballando de maneira anticipada para garantir o éxito das súas iniciativas.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta subvención e a metodoloxía seguida polo Concello para acadar este tipo de axudas: “A planificación previa e a boa xestión do noso equipo están a dar os seus froitos, como demostran as resolucións favorables que vimos de recibir. Este é o camiño a seguir: traballar con previsión e adaptar os nosos proxectos ás bases das convocatorias publicadas no Diario Oficial de Galicia.”

Grazas a esta subvención, o Concello poderá levar a cabo unha actuación fundamental para a conservación e posta en valor da Área recreativa de A Choza, un enclave estratéxico para o desfrute da veciñanza e dos visitantes que se achegan á Ría de Abres.

Página anterior O Concello de Trabada recibe unha subvención para iniciar a rehabilitación da vivenda na antiga escola de Valboa

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados