O Concello de Trabada e a Asociación «Trabada paso a paso» convidan a descubrir a natureza do municipio na segunda ruta de Coñece Trabada que será o 13 de abril

O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso, continúan co ciclo de roteiros «Coñece Trabada» cunha nova andaina programada para o domingo 13 de abril. Nesta ocasión, a ruta percorrerá o treito comprendido entre O Castro e a Ría de Abres, cunha distancia total de 8 quilómetros e unha dificultade baixa, apta para todos os públicos.

A saída terá lugar ás 10:00 horas dende a Praza do Concello de Trabada, e ao remate da camiñada, os participantes poderán desfrutar do xa tradicional TapEO de Trabada, ofrecido nos bares do municipio.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou a importancia desta iniciativa para dar a coñecer o patrimonio natural da zona: “Seguimos apostando por actividades que nos permitan gozar do noso entorno e poñer en valor os nosos camiños e paisaxes. Esta segunda ruta será unha nova oportunidade para que veciños e visitantes descubran a riqueza do noso municipio e, ao mesmo tempo, dinamizar a hostalaría local”.

A participación nesta actividade é gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente antes do 9 de abril nas oficinas municipais ou chamando ao 982135011. Ademais, lembramos que é obrigatorio o uso de chaleco reflectante para garantir a seguridade dos camiñantes.

Desde o Concello e a asociación «Trabada paso a paso» animamos a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta nova ruta e descubrir os encantos do noso territorio paso a paso.

Página anterior O Concello de Trabada organiza unha nova edición do Tapeo os días 11, 12 e 13 de abril

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados