O Concello de Trabada recupera as súas tradicións coa celebración de San Fernando en Valboa

O Concello de Trabada organiza unha nova edición da tradicional celebración de San Fernando, que terá lugar o venres 30 de maio na capela de San Fernando (Valboa). A xornada incluirá misa, encontro campestre e actividades para todos os públicos, mantendo viva unha das citas máis emblemáticas da zona.

O evento dará comezo ás 12:00h coa misa na capela, seguida dunha comida campestre no recinto cuberto cunha carpa. O menú incluirá empanada, croquetas, xamón cocido, paella, sobremesa con tarta de Santiago, bebida e café. O prezo será de 22 € para adultos e 12 € para nenos/as. Tamén se habilitará estacionamento para cabalos, mantendo así o costume de acudir a cabalo, como se facía antigamente.

As entradas estarán dispoñibles ata o luns 26 de maio nos seguintes establecementos colaboradores: Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira e Bar O Porfirio.

Rubén García Freije,  alcalde de Trabada,  destacou que “queremos continuar con estas tradicións que forman parte da nosa identidade. En tempos pasados, a feira de San Fernando era unha cita sinalada no calendario, á que acudían veciños e veciñas de todas as parroquias para compartir un día de celebración.”

A actividade está organizada polo Concello de Trabada co apoio da Deputación de Lugo.

Página anterior Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán en Trabada cunha nova proposta para a mocidade

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados