O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para os programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns

O Concello de Trabada informa de que mañá martes 22 de xullo abre o prazo de inscrición para os programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar 2025–2026 co obxectivo de facilitar a organización da vida familiar e laboral das familias do municipio.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude ata o día 20 de agosto.

O programa Madrugadores funcionará entre as 8:00 e as 9:30 horas, permitindo que os nenos e nenas poidan chegar ao colexio con antelación ao inicio das clases. Pola súa banda, o programa Ludiseráns desenvolverase en horario de 15:30 a 19:00 horas, unha vez finalizada a xornada lectiva.

Ambas iniciativas estarán dispoñibles desde o primeiro ata o último día lectivo do curso escolar, e están dirixidas ao alumnado do colexio de Trabada, desde 1º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria.

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “desde o Concello seguimos apostando por programas de conciliación que consideramos de vital importancia. Sabemos que moitas familias necesitan apoio para compatibilizar os seus horarios laborais co calendario escolar, e por iso facemos un esforzo continuado por manter estes servizos activos e accesibles”.

O Concello de Trabada reafirma así o seu compromiso coa conciliación e co apoio ás familias do municipio, ofrecendo alternativas que favorecen a igualdade de oportunidades e melloran a calidade de vida da veciñanza.

 

Página anterior Santiago de Abres celebra as súas festas patronais os días 19, 25 e 26 de xullo

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados