Trabadela e Vilapena celebran este fin de semana festas con churrascadas, música e verbena

O Concello de Trabada continúa apoiando a organización de eventos que dinamizan o municipio e contribúen a manter viva a tradición nas diferentes parroquias. Esta fin de semana, os lugares de Trabadela (na parroquia de Sante) e Vilapena serán escenario de celebracións con gastronomía, música e actividades para todos os públicos.

En Trabadela, o venres 1 de agosto ás 21:00 horas terá lugar unha gran churrascada popular servida por Catering Sarredo, con empanada, xamón cocido, churrasco de porco, criollo, patacas, bebida, postre e café. O prezo é de 27 € para adultos e 15 € para nenos/as de 3 a 10 anos. A partir das 23:00 horas, a festa continuará cunha verbena con discoteca móbil a cargo de SP The Sound Project.

En Vilapena, tamén o venres 1 de agosto ás 21:30 horas  comezarán as na honra a Santiago Apóstolo cunha churrascada e verbena co grupo Los Adrianos. O sábado 2 de agosto celebrarase misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra Florida Band, que tamén será a encargada da verbena pola noite. O domingo 3 de agosto a festa rematará cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú amenizada polo Grupo Folixa.

O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “desde o Concello seguimos colaborando con todas as comisións de festas, asociacións e clubs que organizan actividades culturais e de lecer nas parroquias. Son eventos que fortalecen a identidade local, promoven o encontro entre veciños e veciñas, e atraen visitantes ao noso territorio”.

Desde o Concello de Trabada anímase á veciñanza e visitantes a participar das celebracións e gozar dun fin de semana festivo en comunidade.

Página anterior Trabada acollerá o venres 8 de agosto a súa primeira carreira-andaina de orientación para todos os públicos

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados