O Concello de Trabada remata a rehabilitación da antiga escola de Valboa, que se destinará a vivenda de alugueiro social

O Concello de Trabada vén de rematar as obras de rehabilitación da antiga escola de Valboa, un proxecto que supón un investimento total de 52.631,56€, dos cales 43.054,9€ foron achegados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e 9.576,59€ foron financiados con fondos propios municipais.

O inmoble, completamente renovado, destinarase agora a vivenda de alugueiro social, seguindo a liña de actuación do Concello para poñer en valor o seu patrimonio municipal e ofrecer novas oportunidades de acceso á vivenda en condicións asequibles.

O alcalde de Trabada, Rubén García, explicou que “con esta actuación seguimos avanzando no noso compromiso de recuperar e dar uso ás antigas escolas e outros edificios municipais, destinándoos a vivenda social para veciños e veciñas con necesidades habitacionais”.

Ademais, adiantou que nas próximas semanas abrirase o prazo de solicitudes para poder optar a esta nova vivenda, que se suma ás xa rehabilitadas en Sante, Vilapercide, Vidal e Trabadela, todas elas actualmente habitadas.

E engadiu  “continuaremos nos próximos anos con novas rehabilitacións deste tipo, contribuíndo á dinamización do rural, ao aproveitamento do patrimonio público e á fixación de poboación no noso concello”.

Página anterior SAT – SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados