O Concello de Trabada organiza unha nova edición do Tapeo de Trabada, unha iniciativa gastronómica que terá lugar os días 27, 28 e 29 de marzo.
Nesta edición participarán tres locais, que ofrecerán diferentes propostas gastronómicas cun prezo por tapa de 2,50 euros, permitindo á veciñanza e ás persoas visitantes desfrutar da gastronomía local nun ambiente de convivencia.
Os establecementos participantes e as tapas que ofrecerán son:
- A Taberna da Curuxeira
- Tenreira “da avoa”
- Petiscos de mar
- Mesón Camiño Norte
- Mifollas de porco, o noso xeito
- Cunca de flor mariñeira
- O Porfirio
- Albóndiga de merluza en salsa verde
- Brochetas de cerdo, o noso estilo
Con esta iniciativa, o Concello busca seguir dinamizando a hostalaría local e fomentar a participación nun evento que combina gastronomía, convivencia e promoción do municipio.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “desde o Concello continuamos organizando diferentes actividades e eventos ao longo do ano para contribuír a dinamizar a economía local e apoiar aos establecementos do noso concello”.
Desde o goberno municipal animan tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a achegarse durante esa fin de semana para participar nesta nova edición do Tapeo e descubrir as diferentes propostas gastronómicas preparadas polos locais participantes.
