O Concello de Trabada e Recursos de Galicia colaboran para facilitar os trámites dos descontos da luz do parque éoligo Mondigo

O Concello de Trabada e Recursos de Galicia colaboran para facilitar os trámites dos descontos da luz do parque éoligo Mondigo

O Concello de Trabada informa da posta en marcha dun calendario de atención presencial para facilitar á veciñanza a tramitación das bonificacións na factura da luz vinculadas ao parque eólico Mondigo.

Durante varias xornadas, unha persoa de Recursos de Galicia desprazarase ata o municipio para ofrecer asesoramento directo e axuda na realización dos trámites. Estas sesións terán lugar na Casa da Cultura de Trabada nos seguintes días e horarios:

  • Luns 30 de marzo, de 9:00 a 13:00 horas
  • Luns 6 de abril, de 9:00 a 13:00 horas
  • Luns 13 de abril, de 9:00 a 13:00 horas
  • Luns 20 de abril, de 10:00 a 12:00 horas
  • Luns 27 de abril, de 10:00 a 12:00 horas

Esta iniciativa busca facilitar o acceso a este proceso, ofrecendo atención personalizada ás persoas beneficiarias.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “desde o Concello poñemos tamén á disposición da veciñanza os nosos propios medios e persoal técnico para axudar na tramitación das solicitudes, tanto nestas datas como en calquera outro momento nas oficinas municipais”.

Ademais, o rexedor sinalou que “seguiremos en contacto con Recursos de Galicia e coa Xunta para traballar na ampliación do radio de beneficiarios, co obxectivo de que estas bonificacións poidan chegar ao maior número posible de veciños e veciñas de Trabada”.

Desde o Concello subliñan a importancia de aproveitar este servizo de atención presencial e lembran que a información e asesoramento continuarán tamén dispoñibles nas dependencias municipais.

 

Página anterior O Concello de Trabada solicita unha subvención para mellorar a área recreativa de A Choza dentro da Rede Natura 2000

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados