Comezan as obras de mellora na vía provincial LU-P-6102 ao seu paso pola parroquia de Vilaformán

Comezan as obras de mellora na vía provincial LU-P-6102 ao seu paso pola parroquia de Vilaformán

 O Concello de Trabada anuncia o inicio das obras de mellora na vía provincial LU-P-6102, unha actuación que permitirá continuar coa renovación das estradas provinciais ao seu paso polo municipio.

Nesta primeira fase das actuacións actuarase nos primeiros catro quilómetros da vía, desde a estrada nacional N-640 ata o lugar de O Outeiro, na parroquia de Vilaformán. A estrada conta cun total de 12 quilómetros e os traballos consisten na renovación integral do firme mediante aglomerado asfáltico en quente.

O alcalde destacou que esta actuación foi unha das peticións trasladadas recentemente á presidenta da Deputación de Lugo durante a reunión mantida nas últimas semanas, co obxectivo de continuar mellorando as comunicacións e a seguridade viaria no concello.

Rubén García sinalou que “seguimos traballando para mellorar as infraestruturas viarias do noso municipio, algo fundamental tanto para os veciños e veciñas como para a actividade diaria do concello”.

Ademais, avanzou que nos vindeiros meses tamén se acometerán novas actuacións noutras vías provinciais que transcorren polo municipio, concretamente na LU-P-6101, LU-P-6103 e LU-P-6104.

Desde o Concello de Trabada destacan a importancia destas actuacións para continuar renovando progresivamente a rede viaria e mellorando a mobilidade nas diferentes parroquias do municipio.

 

Página anterior O Concello de Trabada e Cabaleiros de Trabada presentan a edición de San Fernando 2026

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados