Comezan as obras de mellora exterior no teleclub de Vilaformán

Comezan as obras de mellora exterior no teleclub de Vilaformán

O Concello de Trabada iniciou as obras de pintado exterior e instalación de canalóns e baixantes no teleclub de Vilaformán, dentro do programa municipal de mellora dos locais sociais das distintas parroquias do municipio.

O proxecto, cun investimento de case 21.000 euros, permitirá continuar renovando este espazo de uso veciñal, completando así a reforma integral interior que xa se executara hai uns anos.

As actuacións previstas inclúen o pintado total da fachada exterior, así como a colocación de novos canalóns e baixantes, mellorando a conservación do edificio e o seu estado xeral.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “continuamos traballando na mellora dos espazos públicos e locais sociais das nosas parroquias para que a veciñanza poida contar con instalacións renovadas e en mellores condicións”.

Así mesmo, sinalou que “con esta actuación o teleclub de Vilaformán quedará completamente reformado, despois das actuacións realizadas anteriormente no interior”.

Desde o Concello avanzan ademais que nas vindeiras semanas dará comezo tamén a reforma do teleclub da parroquia da Vilapena, continuando así coa aposta pola modernización dos espazos sociais do municipio.

Página anterior O Concello de Trabada entrega unha nova vivenda en alugueiro social na antiga tres de Valboa

Ayuntamiento de Trabada

Rúa do Concello, 15, 27765
Trabada, Lugo

Lunes – Viernes: 8:00 am – 15:00 pm

© Concello de Trabada - Todos os dereitos reservados