O Concello de Trabada vén de executar novas actuacións de mellora en materia de seguridade en diferentes puntos do municipio, concretamente nos lugares de Trabadela, Sante e A Ría de Abres.
Os traballos realizados consistiron na substitución de barandillas en diferentes pontes no lugar de Trabadela, na instalación dunha nova barandilla no lugar da igrexa de Sante e na colocación dun novo peche no pozo de incendios de San Martiño, na parroquia da Ría de Abres.
Estas actuacións teñen como obxectivo reforzar a seguridade nestes espazos e mellorar as condicións de uso para a veciñanza, contribuíndo tamén á conservación e mantemento das infraestruturas municipais.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos traballando para mellorar a seguridade en diferentes puntos do concello e actuando de forma progresiva en todas as parroquias”.
O rexedor engadiu que “desta forma continuamos executando pequenas actuacións que son importantes para o día a día da veciñanza e que permiten seguir mellorando os espazos públicos e as infraestruturas municipais”.
Desde o Concello subliñan que estas intervencións forman parte do compromiso municipal de continuar actuando nas diferentes parroquias para reforzar servizos, seguridade e calidade de vida.